Archivado en Comunicado breve, Elecciones sindicales, Union Comarcal Pontevedra, Comercio, Comercio Galicia

CCOO Servizos gaña as eleccións en Lidl Pontevedra
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais
en Lidl Pontevedra. A candidatura presentada polo sindicato logrou
cinco representantes (tres no colexio de especialistas e dous no de
técnicos). Adianta, polo tanto, a CIG, que ficou con catro.
CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
proceso electoral e a confianza depositada na candidatura deste
sindicato, que mellorou resultados respecto dos anteriores comicios,
cando conseguira tres delegados.