Archivado en Comunicados, Condiciones de trabajo

As persoas no centro das políticas
10 de Marzo 2016. Día da Clase Obreira Galega
O Día da Clase Obreira Galega de 2016 conmemórase en circunstancias singulares, co cambio político en numerosas corporacións locais, unha reconfiguración do Parlamento do Estado e, en Galicia, a poucos meses de finalizar a segunda lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Resta moito camiño para que a crise sexa un mal recordo, como evidencian os datos económicos do pasado ano. As últimas reformas laborais só serviron para volver máis precarias as condicións de traballo no noso país. Daquela, para o Sindicato
Nacional de CCOO de Galicia, o balance do Goberno de Feijóo en materia de emprego admite a única cualificación de «nefasto» para os galegos e as galegas.



Manifesto



Manifesto