Archivado en Comunicado breve, Elecciones sindicales, Unión Comarcal A Coruña, Contact Center

CCOO Servizos gaña as eleccións en HP (contact center) A Coruña
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais en HP Coruña. A candidatura presentada polo sindicato logrou tres representantes mentres que a CIG ficou con dous.
HP ven de sufrir EREs, a parte de realizar unha cesión de negocio a outras empresas co cal o personal pasou de máis de trescentos traballadores nas anteriores eleccións a pouco máis de oitenta.
CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
proceso electoral e a confianza depositada na candidatura deste
sindicato.