Archivado en Noticias, Socio Economico

1º de Maio: Traballo e dereitos
Neste 1 de Maio, CCOO e UGT esiximos un cambio urxente na política económicano noso país, que poña no centro a creación de emprego estable e con dereitos, e a loita contra a pobreza e a desigualdade social e salarial, a partir de incrementar o investimento público e pór en marcha un cambio de modelo produtivo, sustentable e equilibrado. Para iso, reivindicamos as
seguintes actuacións:
- Impulsar un plan de choque para o emprego, en todas as súas dimensións (parados/as de longa duración, xuventude, mulleres, emprego público, formación, servizos públicos de emprego...).
- Realizar unha verdadeira reforma fiscal que aumente a recadación e xustiza do sistema.
- Derrogar as reformas laborais que significaron un forte transvasamento de rendas do traballo ao capital, e recuperar os dereitos laborais.
- Fortalecer a negociación dos convenios colectivos para mellorar as condicións laborais dos traballadores e traballadoras, reforzar os convenios sectoriais e garantir a ultraactividade dos convenios.
- Aumentar os salarios de maneira coherente coa fase de crecemento económico, para reactivar o consumo das familias e a creación de emprego e reducir as desigualdades e a pobreza.
- Recuperar a calidade dos servizos públicos, os servizos sociais e o emprego asociado a eles.
- Recuperar o poder adquisitivo, os dereitos laborais e o desenvolvemento do Estatuto Básico dos Empregados Públicos.
- Aumentar o salario mínimo de xeito progresivo para que alcance o 60 % do salario medio.
- Reverter totalmente a última reforma das pensións, restablecer o Pacto de Toledo e asegurar o futuro do sistema público de pensións.
- Mellorar o sistema de protección por desemprego para dar protección ás persoas que carecen dela.
- Pór en marcha unha nova prestación de ingresos mínimos. como propón a iniciativa lexislativa popular (le) promovida por UGT e CCOO, co obxectivo de lles garantir unha prestación económica a todas as persoas en disposición de traballar que carezan deemprego e de ingresos suficientes.
- Impulsar unha potente política industrial que contribúa a fortalecer o noso sistema produtivo e a xerar emnreoo máis estable e de máis calidade.



