Archivado en Negociacion Colectiva, Condiciones de trabajo, Convocatorias, Comunicados convenio, Contact Center

Patronal Contact Center: Ou non concretan, ou estano mirando ou é un non rotundo
Convenio Contact Center: Hoxe concentracións nas principais capitais de provincia
Despois da entrega na pasada reunión de máis de 10.000 firmas dos traballadores e traballadoras do sector pedindo o desbloqueo do mesmo, a patronal hoxe volve facer caso omiso e preséntannos os supostos grandes avances que prometeron na reunión anterior:
_p.jpg)
_p.jpg)
- Volven a repetir a mesma oferta salarial aínda que agora xa nin tan sequera falan de produtividade. Ofrecen en 2015 un 0% de subida e en 2016 un 0,2% ou 0,3% máximo, posición moi afastada da nosa proposta.
- Modificación de horarios con máis de sete días de antelación: están a miralo
- Distribución irregular da xornada: están a miralo.
- Indefinidos anteriores ao 2010: estúdano con condicións
- Creación de Comisións de Formación: están a miralo
- Temporalidade (limitación ETT, Subcontratación, etc.) directamente NON
- Avaliación de riscos psicosociais: directamente NON