Archivado en Noticias, Comunicado breve, Elecciones sindicales, Unión Comarcal A Coruña, Enxenerías Inspección Técnica

O sindicato ve nestes «magníficos» resultados un «recoñecemento» ao traballo realizado na loita contra o ERE do Grupo Tragsa
CCOO logra a maioría absoluta nas eleccións ao comité provincial de Tragsatec na Coruña
A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou a maioría absoluta nas eleccións ao comité provincial de Tragsatec (Grupo Tragsa) na Coruña. A estas eleccións estaban chamadas a participar 279 persoas, que de maneira maioritaria outorgaron a súa confianza a Comisións Obreiras.
Nas eleccións de hai catro anos gañara a CSIF, que obtivera seis membros dos trece que compoñen o comité; CCOO situárase no segundo lugar, con cinco, e a UGT completaba a relación con dous. Agora invertéronse as tornas, tras lograr CCOO sete delegados e delegadas ?maioría absoluta? por cinco da CSIF e só un da UGT.
Recoñecemento á loita contra o ERE
Desde CCOO-Servizos salientan que estes «magníficos resultados» son o «recoñecemento dos nosos compañeiros e compañeiras» ao traballo realizado por Comisións Obreiras contra o expediente de regulación de emprego (ERE) no Grupo Tragsa. Como parte desta loita houbo concentracións fronte ao Parlamento galego e reunións cos grupos parlamentarios, folga varias xornadas paros ou reunións con membros do Parlamento europeo, entre outras iniciativas.
Os integrantes da candidatura de CCOO comprométense a continuar traballando «arreo» contra un ERE «inxusto e desproporcionado» e pola defensa do emprego e da calidade do mesmo dentro do Grupo Tragsa.
+
Para máis información:
Claudio Landeira, voceiro de CCOO en Tragsatec: 649 684 220