Archivado en ERE, Convocatorias, Union Intercom. Santiago Barbanza, Sector Financeiro
Plan Banco Popular e Pastor: deixar sen traballo 435 familias en Galicia
Concentracións en todo o estado rexeitando un ERE salvaxe
O pasado 15 de setembro a dirección do Grupo Banco Popular anunciou un proceso de reestruturación que terá como resultado o espedimento Colectivo de 2.900 traballadores e traballadoras dos Bancos Popular e Pastor e o peche de 300 oficinas , en todo o Estado. A repercusión esta medida en Galiza será importante, na medida en que as 435 persoas afectadas supoñen o 25% do cadro de persoal destes dous bancos. Hoxe os traballadores saíron á rúa en Santiago.

