Archivado en Comunicado breve, ERE, Convocatorias, Union Intercom. Santiago Barbanza, Sector Financeiro
Delegadas e delegados de Grupo Banco Popular concéntranse diante do Parlamento de Galicia no inicio da súa X lexislatura
Yolanda Díaz e Miguel Anxo Fernán-Vello achéganse aos manifestantes para escoitar as súas demandas
Coincidindo co inicio da X lexislatura do Parlamento de Galicia, traballadoras e traballadores de Grupo Banco Popular manifestáronse para expresar o seu total rexeitamento ao ERE salvaxe que pretende levar a cabo o Banco.
Os deputados de En Marea Yolanda Díaz e Miguel Anxo Fernán-Vello achegáronse aos manifestantes para amosar o seu apoio e escoitar de primeira man as demandas dos traballadores.
Este ERE vai supoñer o peche de 42 oficinas e a perda de 435 postos de traballo en Galicia. Banco Popular pretende retomar o pago do dividendo en efectivo en 2017 e anuncia que acadará un "pay out" do 40% en 2018 polo que CCOO esixe a Popular que non pague dividendo mentres hai un ERE en marcha.
As próximas mobilizacións están convocadas para os días 26 ás 18:30 en Ourense, e 2 de novembro ás 18:00 en Lugo.

