Archivado en Comunicado breve, ERE, Union Comarcal Lugo, Sector Financeiro
Nova xornada de mobilizacións en Lugo contra o ERE do Grupo Banco Popular
Continuando co calendario de concentracións, traballadoras e traballadores do Grupo Banco Popular saíron á rúa para amosar o seu rexeitamento á postura inmobilista do Banco na negociación do ERE. Así mesmo, as organizacións sindicais convocan unha folga que terá lugar o día 10 de novembro.

