Archivado en

Convenio Comercio - Alimentación Coruña: Asemblea Urxente, acode!
As catro centrais sindicais con representación na mesa presentamos unha plataforma reivindicativa unitaria, que estamos a defender conxuntamente para mellorar as nosas precarias condicións de traballo e salariais.
Logo de seis xuntanzas de negociación do novo convenio, os sindicatos USO, CIG, UGT e CCOO temos que vos comunicar o estancamento da negociación nos termos prioritarios, xa que por parte da patronal estase a manter unha posición absolutamente inflexible e contraria a entrar nos temas que entendemos son prioritarios para os e as traballadoras do comercio. Segue
A patronal négase a posibilitar que as traballadoras a tempo parcial teñan dereito a cubrir as vacantes que se producen na empresa para poder incrementar a súa xornada. Unha negativa só explicable desde a intolerancia da patronal, xa que non supón incremento salarial. Négase a patronal a poñer límites a contratación parcial. Négase a establecer cando menos algún sábado libre no sector. Négase a reducir a xornada anual, unha das máis altas de entre todos os sectores regulados por convenio. E a cambio destas negativas, ofrece un 0% de incremento para o 2016, un 0,25% para o 2017 e 2018, e un 0,5% para o 2019 e 2020. Unha posición absolutamente inaceptable.
Si se acadaron avances supeditatos ao acordo final nos temas de licenzas retribuídas e non retribuídas, garda legal, axuda escolar, excedenzas por violencia de xenero e póliza de seguros.
É moi importante que entendades que só coa implicación do conxunto dos e das traballadoras do Comercio Alimentación na negociación do convenio, é posible que melloremos as nosas condicións de traballo.
De nada vale queixarse sobre o pouco que cobramos, o moito que traballamos, e o pouco que descansamos se depois non participamos cando os sindicatos nos convocan para saber do noso apoio para mellorar e ter uns salarios dignos.
HAI QUE PARTICIPAR NAS ASEMBLEAS INFORMATIVAS QUE CONVOCAMOS PARA QUE A PATRONAL SINTA A NOSA FORZA E CAMBIE A SUA ATITUDE NA MESA DE NEGOCIACIÓN.
Para explicar mellor o que está a acontecer na mesa de negociación, os catro sindicatos decidimos convocar asembleas de sector, para informar, e para decidir entre todos e todas o camiño a seguir na negociación deste convenio. A vosa participación é fundamental. ACUDIDE ÁS ASEMBLEAS!!!.
Calendario de asembleas:
-
Compostela. Venres 2 de decembro ás 22:00 horas (10 da noite). Local de UGT. Rua Miguel Ferro Caveiro 8. San Lázaro.
-
Ferrol. Venres 2 de decembro ás 22:00 horas (10 da noite). Local de CCOO. Rua Maria 42-44.
-
A Coruña. Venres 2 de decembro ás 22:00 horas (10 da noite). Sala de xuntas edificio sindical. Rua Alfonso Molina s/n.
O CONVENIO SON OS NOSOS DIREITOS
COMO TRABALLADORES E TRABALLADORAS
ENTRE TODOS E TODAS, HAI QUE LOITAR POR MELLORALO!!!