Archivado en Socio Economico, Convocatorias
#15D #recuperardereitos AS PERSOAS E OS SEUS DEREITOS, O PRIMEIRO
Neste sentido, o Goberno e as forzas parlamentarias teñen unha responsabilidade que deben asumir, pero tamén a patronal.

Temos razóns para mobilizarnos. Acabouse a etapa das medidas unilaterais
baseadas nos recortes, e cuxas consecuencias sobre a cidadanía en xeral
?hoxe máis pobre?, sobre as condicións de vida dos traballadores e as
traballadoras se ignoraron.
É o momento de facer presión para
conseguir cambiar o rumbo cara a unha política orzamentaria que poña en
primeiro lugar as persoas, o crecemento, o emprego de calidade, as
pensións e o fortalecemento das redes de protección.
Para iso
cómpre unha reforma fiscal integral baseada en criterios de suficiencia e
equidade, facer que o crédito chegue de novo ás familias e ás empresas
cun modelo financeiro no que a banca pública ?o ICO e as entidades que
tivemos que rescatar en período de crise e que agora son do Estado?
desempeñe un papel destacado.
CCOO e UGT coidamos necesario facer
ver que é o momento de reverter as cousas, de abrir un tempo de diálogo
e consenso verbo dos grandes retos que temos por diante: reactivación
económica; emprego de calidade; derrogar as reformas laborais, a Lei
27/2013 de racionalización e sustentabilidade da Administración local, e
o artigo 315.3 do Código penal; a LOMCE, as reválidas e os recortes en
educación e no resto de servizos públicos; reformar a fiscalidade;
garantir as pensións, asegurar os servizos públicos; reforzar os
sistemas de protección social e a igualdade real e efectiva, non só
entre homes e mulleres, tamén naqueles grupos de persoas traballadoras
que, polas súas características inherentes, non son tratadas en
condicións de igualdade; e protexer as persoas asiladas e migrantes.
É
o momento de negociar, mais tamén de mobilizar para esixir que o
diálogo social se traduza en resultados tanxibles, que se atenda a
cidadanía, que se nos permita saír da senda da desigualdade e a pobreza,
reducir substancialmente o desemprego e impulsar un crecemento
económico sostible, con máis e mellores empregos, mellores salarios
?incluído un salario mínimo interprofesional do 60 % do salario medio ao
final da lexislatura? e garantía para as pensións e o seu poder
adquisitivo, así como recuperar as liberdades e dereitos democráticos.