Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Union Intercom. Ourense, Comercio, Comercio Galicia

Inicio de mesa e plataforma Convenio material Construcción Ourense
O pasado día 1 de xuño constituíuse a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da Provincia de Ourense, que en función da representatividade, está constituída da seguinte forma:
- UGT : 4 representantes.
- CCOO: 2 representantes.
- CIG: 1 representante.
O luns 12 de xuño mantívose a primeira reunión na que se presentou unha plataforma conxunta por parte de CCOO e UGT, co fin de tentar manter a unidade de acción para fortalecer a negociación coa Patronal.
Nesta reunión xa empezamos a tratar temas de xornada, salarios, licenzas, contratación ou incapacidade temporal, tal e como propoñemos na plataforma adxunta.
Seguiremos informando de como se van desenvolvendo as negociacións.