Archivado en Comunicado breve, Condiciones de trabajo, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Vigo, Comercio, Comercio Galicia

Desconvocada a folga de Lefties (Inditex) en Vigo
Motivado pola falla de personal e a conseguinte sobrecarga de traballo nas dúas tendas de Lefties de Vigo, o Comité de Empresa de Zara España na provincia de Pontevedra convocou unha folga para o próximo venres 30 nas devantitas tendas. Os contactos coa dirección da empresa deron os seus froitos e conseguironse cinco novas incorporacións, o incremento a 40 horas a dúas traballadoras na tenda de Gran Vía e unha na de Progreso, quedando así desconvocada a folga.