Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Union Intercom. Ourense, Comercio, Comercio Galicia

CCOO Servizos asina o Convenio de Comercio Alimentación de Ourense
Hoxe 19 de setembro, chegamos a un acordo para asinar o Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Ourense. Mantendo a base do convenio anterior e sen retroceder en ningún dos seus apartados, mellóranse e engádense os seguintes conceptos:
- Vixencia 2017 - 2020
- Incorporación de protocolos de acoso.
- Incorporación de Articulado sobre Prevención de Riscos.
- Elimínase a obrigatoriedade de xustificar o tres días de licenza por asuntos propios.
- Admítese que a licenza por hospitalización poida collerse en calquera momento da mesma.
- Incorpórase unha Licenza Non Retribuída para usar en caso de enfermidades graves ou de longa duración de parentes.
- Amplíase a posibilidade de Redución por Garda Legal, dos 12 aos 14 anos.
- Incorpórase unha regulación no contrato a tempo parcial, que permite consolidar o 50% das horas complementarias realizadas nun período de 15 meses.
- Inclúese dentro do salario base, a gratificación de actividade, que ata agora se pagaba só en 12 mensualidades e que agora se abonará tamén nas tres pagas extras.
- Realízase por tanto un incremento salarial lineal nos seguintes termos:
Ano 2017.- 14 eur/mes
Ano 2018.- 28 eur/mes
Ano 2019.- 20 eur/mes
Ano 2020,. 20 eur/mes
O que equivalería a un incremento aproximado do 10% nos grupos e niveis máis utilizados, conseguindo ademais que esta subida sexa maior nos salarios máis baixos e non nos máis altos, como pasa cando a subida é porcentual.
En resumo, conséguese que o Convenio Colectivo de Ourense avance no que respecta a achegarse ás condicións sociais e económicas do resto de Provincias da nosa Comunidade.