Archivado en Comunicado breve, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Unión Comarcal A Mariña, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Contact Center, Enxenerías Inspección Técnica, Planificación e Consultorías, Servizos Administrativos, Seguros e Mutuas, Multiservizos
Precariedade e cambio tecnolóxico: dous retos para a recén constituída Agrupación de Servizos Técnicos e Administrativos
O II Congreso da Federación de Servicios de CCOO determinou nos seus
relatorios e Estatutos que o Consello Federal aprobaría durante o
presente mandato a integración de Servizos Administrativos e Servizos
Técnicos. Cabe salientar que a nova agrupación recolle os sectores de:
Servizos Administrativos, Seguros e Mutuas de Accidentes de Traballo,
Planificación e Consultorías (TIC), Contact Center, Enxeñerías e
Inspección Técnica e Intermediación Laboral.
Esta nova estrutura
presenta aínda máis diversidade tendo en conta os distintos sectores que
recolle a nova agrupación, ademais de retos organizativos e de acción
sindical máis amplos, tales como combatir a precariedade e dotarse de
novas ferramentas ante o cambio tecnolóxico e a dixitalización no
traballo.
A celebración deste Plenario de integración supón unha
continuidade do proceso iniciado en 2014, así como unha importante
ampliación do seu ámbito funcional e sectorial que dá lugar a unha nova
realidade organizativa que require novos órganos de dirección. Neste
caso, unha vez realizadas as votacións queda elixido como responsable da
coordinadora da agrupación Héctor Ortega Sánchez.
O presente
plenario debe servir para integrar, ilusionar, comprometer e construír
un sector que integrará unha ampla gama de subsectores, con
heteroxeneidade nas súas características e maior variedade dos seus
modelos de negociación colectiva.
