Archivado en Comunicado breve, Mujeres e Igualdad, Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Muller

Coa participación do secretario xeral confederal, Unai Sordo, e a secretaria confederal da Muller, Elena Blasco
Preparando o camiño da folga para o 8 de Marzo: Multitudinaria asemblea en A Coruña
O salón de actos do edificio sindical da Coruña quedou pequeno para a multitudinaria asemblea organizada por Comisións Obreiras para preparar o camiño da folga do vindeiro 8 de marzo. Neste encontro coa afiliación participaron o secretario xeral confederal, Unai Sordo, e a secretaria confederal da Muller, Elena Blasco, así como representantes das direccións nacional e comarcal do sindicato. Entre o público tamén cabe destacar a presenza de dirixentes de partidos políticos de diferente cor, que seguiron con interese o desenvolvemento da asemblea.
Para os voceiros e voceiras de CCOO, a convocatoria de folga está «máis ca xustificada». De feito, os datos do paro rexistrado, coñecidos hoxe, «reafírmannos nas razóns da convocatoria», subliñaron.
CCOO chama a traballadoras e traballadores a secundaren a convocatoria de paros laborais de dúas horas por quenda e a participaren nos distintos actos, manifestacións e mobilizacións que se celebren con motivo do 8 de marzo, para reiterar o «compromiso activo» coa eliminación da discriminación laboral, económica e social das mulleres.