Archivado en
O Hostal dos Reis Católicos bloquea a negociación do convenio
A patronal está a bloquear a negociación do convenio xa que considera que o punto de
partida ten que ser a data de finalización do ERE (2016), pola contra desde a parte social entendemos que debe ser a data de finalización do último convenio (2010).
Este dato é moi importante pois o ERE eliminou moitos dereitos contemplados no convenio, algúns dos
cales queren incluír como novos, cando en realidade
só levaría a igualar as condicións do ano 2010.
MOBILIZACIÓNS
Diante do Hostal (Praza do Obradoiro )
22/06/2018 de 16,30 a 17,30
25/06/2018 de 12.00 a 13.00
29/06/2018 de 16.30 a 17.30
01/07/2018 de 12.00 a 13.00
06/07/2018 de 12.00 a 17.00