Archivado en Comunicado breve, Elecciones sindicales, Unión Comarcal A Coruña, Enxenerías Inspección Técnica

CCOO Servizos revalida a maioría nas eleccións de Inelcom A Coruña
Hoxe, 8 de agosto, celebráronse eleccións na empresa
INELCOM na Provincia de A Coruña obtendo un total de 3 delegados/as para
un comité de 5.
Este
resultado fai que manteñamos a representación acadada por CCOO fai
catro anos, onde se elexiran 3 delegados de persoal, obtendo deste xeito a maioría no Comité de Empresa. Estos resultados acadados nun
escenario complexo, onde partiamos cunha candidatura totalmente renovada, son o
resultado do traballo e compromiso demostrado polos nosos
compañeiros/as durante os últimos catro anos.
CCOO
Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron
neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa
confianza en Comisións Obreiras.
CCOO
Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e
traballadoras renovando o noso compromiso para levar a cabo o mellor
traballo posible en defensa dos intereses de todo o cadro de persoal.