Archivado en Comunicado breve, Empleo, Unión Comarcal A Coruña, Planificación e Consultorías, Accion sindical

Perda de emprego e servizos en DxC Technology A Coruña
Dende o Comité de empresa de DxC Technology denunciamos a situación pola que está a atravesar o centro de traballo da Coruña.
Dende hai máis de 5 anos vemos como se está producindo un desmantelamento dun centro que chegou a ter máis de 300 traballadores e que debido á mala xestión da dirección perdéronse día a día os servizos que se prestaban desde A Coruña.
A día de hoxe enfrontámonos novamente coa perdida dun servizo pertencente a Servihabitat que emprega a 33 persoas de persoal e 64 subcontratacións.
Desde que o Comité de Empresa tivo noticias da perdida do servizo esixíuselle á empresa a recolocación do 100% do persoal recibindo en todas as reunións a evasiva como resposta sen concretar en ningún momento as súas intencións.
Debido a que case dous meses despois a empresa segue sen aclarar as súas intencións e está á espera de que as persoas seleccionadas por parte da nova empresa adxudicataria pidan a baixa voluntaria para aforrarse as indemnizacións en caso de ter que levar a cabo despedimentos, desde o Comité de Empresa convocamos un paro de dúas horas para esixir á empresa o seu compromiso por escrito recolocando a todo o persoal e solicitar o desvío de carga de traballo ao centro da Coruña doutros servizos que se prestan desde diversos territorios de España.