Archivado en Comunicado breve, Salud Laboral

CCOO Servizos lamenta o falecemento dun traballador mentres realizaba tarefas de saneamento animal
Desde CCOO lamentamos o falecemento do noso compañeiro Jesús Deiros polo accidente laboral acontecido o pasado 28 de maio tras ser golpeado por unha vaca mentres realizaba tarefas de saneamento animal nunha explotación da provincia de Lugo. Queremos transmitir o noso máis profundo pésame á súa familia, amigos e seres queridos.
Consideramos que a actual lexislación, que provoca unha longa exposición do persoal veterinario co animal a sanear, e o estado dalgunhas explotacións, que non dispoñen de mangas, incrementan o risco laboral do traballo a desempeñar. Neste sentido, desde CCOO iniciamos as xestións oportunas para que desde o Goberno central se fagan os cambios lexislativos necesarios para que se reduza o tempo de exposición co animal a sanear e para que desde a Xunta de Galicia se fomente a instalación de mangas nas explotacións gandeiras galegas.
Así mesmo, proporemos á empresa que se revisen as condicións laborais do persoal de saneamento animal de Tragsatec dando máis estabilidade ao colectivo, así como o especial recoñecemento de risco das tarefas que desempeñan.