Archivado en Comunicado breve, Salud Laboral, Convocatorias, Union Intercom. Ourense, Contact Center, Accion sindical

Na actualidade traballan en espazos comúns sen a seguridade necesaria
Protestas en Unitono Ourense para reclamar teletraballo
Na actualidade, UNITONO é o único provedor de MAPFRE CETEX que ten a todos os seus axentes traballando en plataforma a pesar de estar nunha situación de pandemia mundial.
As cinco seccións sindicais que conforman os comités de Ourense e Madrid (UGT, CCOO, CIG, CGT e USO), interpuxeron unha SIMA para tentar chegar a un acordo coa empresa para activar novamente o teletrabajo para este servizo, recollendo así o sentir de todos os traballadores e traballadoras que ven perigar a súa saúde compartindo salas e espazos comúns sen a seguridade necesaria. Ler máis
O SIMA finalizou sen acordo posto que Unitono, que pertence ao grupo GSS Covisian, négase á posibilidade de facilitar de novo o teletraballo de maneira voluntaria ás traballadoras e traballadores, cando en marzo se activou de forma inmediata e sen problemas. UNITONO considera a volta ao teletraballo na plataforma de Madrid, pero en Ourense néganse rotundamente.
En vista de que a empresa segue sen pór a saúde dos seus traballadores/as por encima doutras cuestións, convocamos paros parciais dunha hora tanto na plataforma de Ourense como na de Madrid para as seguintes datas: MÉRCORES 9 de decembro, LUNS 14 de decembro, LUNS 21 de decembro, LUNS 28 de decembro.
Os horarios dos paros convocados son: De 11.00h a 12.00h en quenda de mañá, de 18.00h a 19.00h en quenda de tarde
Pedimos que deixen de tratarnos como traballadores de segunda e se UNITONO segue sen apostar por Ourense reservarémonos o dereito de adoptar calquera outra actuación na defensa do noso traballo e a nosa saúde.
Necesitamos que TODOS os compañeiros dos dous centros secunden os paros e estean unidos, porque hoxe é Mapfre Cetex pero mañá pode ser outro servizo.
DEFINITIVAMENTE, UNITONO PÁRASE!!!