Archivado en Comunicado breve, Huelga, ERE, Sector Financeiro, Accion sindical

Pecharon practicamente todas as oficinas da entidade en Galicia
Éxito de participación na folga de Caixabank, cun paro case total
A Federación de Servizos de CCOO aplaude o seguimento da folga de Caixabank. Este martes pecharon practicamente todas as oficinas da entidade bancaria en Galicia (case o 95%) e case todo o persoal (98%) secundou a xornada de paro.
Desde CCOO cualifican de «lamentable» que, a dúas semanas de rematar a prórroga das negociacións —tempo extra conseguido grazas ás mobilizacións—, a dirección do banco «teime en defender unha postura radicalmente contraria ás nosas liñas vermellas».
Entre outras cuestións, Comisións esixe reducir o número de saídas e que estas sexan voluntarias —e cunhas axeitadas condicións para que así sexa—, que non haxa recortes de carácter laboral e que a homologación salarial entre o persoal procedente de Caixabank e Bankia se produza canto antes.