Archivado en Condiciones de trabajo, Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Contact Center

Antes a pésima organización da campaña de Superlínea e a acumulación de incidencias
O persoal de Universal Support volve a mobilizarse por acumulación de irregularidades
O comité de empresa de Universal Support (grupo Konecta), que se dedica ao sector dos centros de chamadas, convocou unha xornada de mobilización hoxe luns día catro. O obxectivo, reclamar a subsanación das numerosas incidencias detectadas na campaña Superlínea:
- Obrigatoriedade de traballar os festivos estatais
- Traballo en fin de semana
- Pésima calidade e escasa cantidade de formación
- Non respecto á regulación do convenio das xornadas irregulares
- Denegación de días de libranza
- Denegación da consolidación das ampliacións de xornada
- Inexistencia de tempo entre chamadas
- Premios e incentivos inalcanzables e mal remunerados
- Existencia da figura de apoio non recollida no convenio e polo tanto non remunerada
- Non publicación de postos libres de coordinación e quality
- Non consolidación da categoría de coordinador en teleoperadores que levan máis de 6 meses prestando ese servizo
- Existencia de persoal con contrato eventual máis tempo do autorizado por convenio
Acordouse convocar mobilizacións tamén os días:
Paros día 11/10/2021 de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00. Concentración no centro de Bergondo
Paros día 18/10/2021 de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00. Concentración no centro de Bergondo