Archivado en Sector Financeiro

Agnes Servier elixida secretaria xeral da nova sección sindical, integrada polas persoas afiliadas a CCOO Banco Santander en Galicia.
A Sección Sindical de CCOO-Servizos Galicia de Banco Santander celebrou hoxe o su Plenario Extraordinario.
A Coruña, 16 de novembro de 2021. A Sección Sindical de CCOO-Servizos en Banco Santander celebra hoxe o seu Plenario Extraordinario en Galicia.
O obxectivo do mesmo é a renovación dos seus órganos de dirección e a validación dun plan de traballo enfocado a buscar fórmulas que permitan o mantemento do emprego e das condicións laborais do persoal ante a transformación dixital acelerada por mor da pandemia do Covid-19, transformación que propicia un cambio no modelo comercial e de contacto cos clientes.
Nesta entidade, CCOO é o sindicato maioritario, cunha representatividade en Galicia do 29% dos delegados e delegadas e un 40% de afiliación.
A sección sindical renovada hoxe está integrada polas traballadores e traballadoras afiliadas a CCOO que forman parte do total de 1.289 persoas distribuídas en 163 centros en Galicia.
Como secretaria xeral da sección sindical en Galicia foi elixida Agnes Servier, quen empezou a traballar en Banco Pastor no ano 2005. Presentouse ás primeiras eleccións sindicais na candidatura de CCOO no ano 2019 resultando elixida delegada na provincia de A Coruña.
Actualmente ocupa a Secretaria Xeral da Sección Sindical de Banco Santander en Galicia, posto na que resultou reelixida por unanimidade.
Xunto a ela, foron elixidas membros da Executiva Ana Otero, Ignacio Castro, Manuel A. García e Trini Martínez.