Archivado en Normas

Suspensión Plenario da Sección Sindical de CCOO en BBVA Galicia
A Comisión Executiva da Federación de Servizos de Galicia, en reunión extraordinaria o 11/02/2022, aprobou a suspensión das asembleas e plenarios da Sección Sindical de BBVA de Galicia que se ían levar a cabo no trascurso deste mes e finalizarían o próximo día 8 de marzo, para a renovación dos seus órganos de dirección. Ler máis
O motivo da citada suspensión obedece á celebración das eleccións sindicais no ámbito da empresa, que terán lugar no primeiro trimestre de 2023, considerando a Sección Sindical de BBVA Galicia, máis operativo e eficaz levar a cabo o citado proceso unha vez transcorridas as mesmas.
Así mesmo, a renovación da Sección Sindical de BBVA en Galicia englobarase, en tempo e forma, dentro do marco do proceso de plenarios a realizar para a renovación da Sección Sindical Estatal de BBVA, de acordo coas normas específicas que se aprobasen polo órgano superior competente.
Como sempre, as delegadas e delegados de CCOO na túa provincia están á túa disposición para apoiarte no teu día a día e traballar por mellorar os nosos dereitos como persoas traballadoras de BBVA. Xuntos somos máis fortes, xuntos somos CCOO.