Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Unión Comarcal A Coruña, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

Lento avance no convenio de Comercio Alimentación Coruña
Discutimos sobre os novos modelos de contratación e a aplicación da reforma laboral para conseguir unha maior estabilidade da contratación indefinida. Aínda que para nós este tema é moi importante, desde logo non pode ser o único en que centrar a negociación.
Demos tamén contestación a algunha das propostas da patronal:
-
Non podemos asinar, como pretenden, un convenio a 8 anos coa incerteza actual e sen un compromiso de mantemento do poder adquisitivo se o IPC segue polas nubes.
-
Non cremos necesario incrementar os períodos de proba para as novas contratacións.
-
Non estamos dacordo no tratamento que pretenden dar a algunhas licenzas.
-
E o que é incocebible a estas alturas é que sigamos sen saber que pretenden propor como incremento salarial.
CCOO entenderá un intento de paralizar a negociación de forma inxustificada se na próxima reunión que se celebrará o día cinco de abril, a patronal non trae unha proposta de incremento salarial,
Xa é hora de que a patronal saia do seu inmobilismo, de que aporte unha proposta salarial e de empece a falar con seriedade doutros temas importantes como por exemplo:
-
Xornada de traballo: Redución Xornada Anual, Xornada Continua.
-
Fins de Semana de Calidade: Garantir un Mínimo Anual.
-
Licenzas Retribuidas: Melloras e recoñecemento real de parellas de feito.
-
Eliminación do Grupo IV: Que se usa para reducir salarios inxustificadamente.