Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

Convenio Alimentación A Coruña: A nosa resposta á patronal
Na reunión do 28 de abril contestamos ás súas propostas:
- Propón un convenio a 6 anos (2022-2027)
Para CCOO non pode ser de máis de 4 anos 2022-2025 e iso en función dos incrementos salariais de cada ano, que teñen que ser importantes. Ler máis.
- Eliminación o grupo IV, creación dun novo nivel no Grupo III e cambio do tempo mínimo para promoción de 3 a 4 anos.
Desde CCOO vemos positivo eliminar o grupo 4, pero non pode ser a condición de subir o tempo de promoción de 3 a 4 anos, xa que non está justificado.
- Redución da xornada laboral de 1812 horas anuais a 1805 horas anuais, con 2 fins de semana de calidade (un recuperable e outro non recuperable) e regulando os 3 días de asuntos propios e que só se poida coller 1 cada 4 meses e sen unir a vacacións, sábados, festivos ou o mes de decembro.
Desde CCOO trasladámoslle que é imprescindible reducir a xornada anual por baixo das 1800 horas. A xornada media en Galicia é de 1776 horas, a media estatal 1779 e estamos moi afastados. Tres fins de semana de calidade significa 1792 horas ao ano e non pedimos nada que sexa desorbitado ou fóra do que hai noutros convenios.
Para CCOO NON É NEGOCIABLE tocar os días de asuntos propios, téñense que quedar como están e non entendemos que queiran relacionalo coa redución de xornada.
- Xornada Continua, segue a estudalo e comprométense a presentar unha proposta.
CCOO lembra que a xornada partida penaliza o gasto de acudir ao centro de traballo e agora coa subida do combustible, moito máis. HAI QUE BUSCAR UNHA SOLUCIÓN.
- Transición dixital e licenzas retribuidas.
Desde CCOO estamos dispostos a abrir mesas específicas para tratar tanto estes temas, como a regulación da contratación en base á Reforma Laboral.
- Como Incremento Salarial propón: 2022 - 2´75% 2023 - 2´5 % 2024 - 2´25% 2025 - 2´25% 2026 - 2 % 2027 - 2%
Os datos de Abril son IPC 8,4% e o subxacente 4,4%, non é de recibo que a subida que ofrecen para os anos 2022 a 2025, sexa dun 9,75%, case igual ao IPC deste ano.
A media de convenios asinados en Galicia este primeiro trimestre ten unha suba do 5,82% e en concreto na provincia da Coruña do 4,25%. A patronal ten que actuar con seriedade e ofrecer uns incrementos acordes.
Desde CCOO manifestamos que cómpre dar un impulso á negociación, a patronal non pode asistir á próxima reunión con propostas inaceptables. A pandemia, a guerra, a subida do IPC, teñen que ter unha resposta e esforzo especial pola súa parte, porque o persoal meréceo e porque a situación é dura e crítica para moitas familias. Este convenio non pode verse como un máis.