Archivado en Negociacion Colectiva, Salario, Comunicados convenio, Unión Comarcal A Coruña, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

Nova reunión do convenio comercio vario Coruña coa mediación do AGA
Na reunión de hoxe luns, 10 de abril, ao xa informado anteriormente, a patronal propón:
- Un día máis de asuntos propios
- Incremento salarial co seguinte detalle:
- 2021-2022: 7.5%, con atrasos desde xaneiro 2022
- 2023: 4% con revisión a táboas do 1%
- 2024: 3% con revisión a táboas do 1%
- 2025: 3% con revisión a táboas do 1%
- 2026: 2.5% con revisión a táboas de IPC.
CCOO, do mesmo xeito que o resto das centrais sindicais, estivemos dacordo en que estas porcentaxes, á conta de aumentar a vixencia até o 2026, non son aceptables se non se produce un incremento maior nos anos 2022 a 2023.
Pedimos á patronal que reaccione, porque o persoal non pode permitirse máis perda de poder adquisitivo na situación de graves incrementos de IPC dos últimos anos e porque quedou demostrado na mobilización do pasado domingo 26 de marzo, que as persoas traballadoras do comercio na provincia da Coruña están ao límite da súa economía e paciencia.
Non podemos esperar máis, a patronal debe darnos unha resposta XA