Archivado en

Iván Cordeiro, reelixido por unanimidade secretario xeral no IV Congreso de CCOO Servizos
Hoxe celebrouse o IV Congreso da Federación de Servizos Galicia, no que foi reelixido por unanimidade secretario xeral, Iván Cordeiro. Con esta etapa ábrese un período de retos, pero tamén de firme compromiso coa defensa dos dereitos laborais en Galicia, especialmente nos sectores do comercio, hostalaría, sector financeiro, servizos técnicos e contact centers.
Unha nova etapa para mellorar o emprego no sector servizos
A situación laboral en Galicia no ámbito dos servizos segue a ser preocupante: baixos salarios, inestabilidade laboral, excesiva temporalidade e condicións de traballo precarias. Desde a Federación de Servizos, reafirmamos o noso compromiso en loitar pola suba salarial, estabilidade no emprego e condicións de traballo dignas para todos os sectores representados.
Compromiso coa loita sindical en Galicia
O novo equipo liderado por Iván Cordeiro aposta por fortalecer a acción sindical en Galicia, traballando en propostas concretas para mellorar a situación laboral e impulsar acordos que garantan dereitos básicos para os traballadores e traballadoras.
IMOS! Transformando o futuro