Archivado en Mujeres e Igualdad, Muller

8M

Manifesto conxunto de CCOO e UGT polo 8M do 2025

8M: Igualdade real, compromiso sindical

O 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, as Confederacións Sindicais de UGT e CCOO reafirmamos o noso compromiso inquebrantable coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, especialmente no ámbito laboral. A loita contra a discriminación de xénero no traballo segue sendo unha prioridade absoluta dentro da nosa acción sindical.
 

A Necesidade de Medidas Máis Eficaces pola Igualdade Laboral

A pesar dos avances lexislativos, a fenda de xénero persiste en múltiples aspectos do mundo laboral. Demandamos políticas públicas e medidas concretas que garantan a igualdade salarial, a promoción profesional equitativa e a eliminación das discriminacións de xénero no emprego. Segundo os últimos datos do INE/EPA 2024:

  • Fenda na taxa de actividade: As mulleres teñen unha taxa de actividade do 53,91%, mentres que nos homes alcanza o 63,90%.

  • Fenda na taxa de emprego: A taxa de emprego feminina sitúase no 47,07%, fronte ao 57,40% da masculina.

  • Diferencias na ocupación: O emprego a tempo parcial afecta principalmente ás mulleres, representando 7 de cada 10 postos de traballo con esta modalidade.

  • Contrato de duración: A pesar do incremento da contratación indefinida, os homes seguen sendo maioría con 8.235.775 contratos fronte a 7.274.125 das mulleres.

  • Taxa de paro feminina: As mulleres presentan unha taxa de paro do 12,68%, moi superior ao 7,78% dos homes.

  • Fenda salarial de xénero: Segundo a Enquisa de Estrutura Salarial de 2022, as mulleres cobran de media un 17,09% menos que os homes.
     

A Loita Contra as Desigualdades e a Violencia de Xénero

É fundamental eliminar as fendas salariais, os desequilibrios na asunción de coidados e as discriminacións laborais que afectan ás mulleres, así como combater a violencia de xénero en todos os ámbitos, incluído o laboral. Desde CCOO e UGT sumamos forzas co movemento feminista nacional e internacional para erradicar estas desigualdades estruturais.
 

Solidariedade coas Mulleres en Situacións de Risco

Neste 8M tamén lembramos a todas as mulleres que sofren violencias patriarcais e vulneracións dos seus dereitos en todo o mundo: mulleres de Afganistán, Irán, as vítimas de conflitos bélicos, as que ven limitados os seus dereitos reprodutivos, entre outras.
 

Chamamento á Mobilización

Instamos a todas as traballadoras e traballadores a participar activamente nas mobilizacións convocadas este 8 de Marzo. A loita pola igualdade é unha loita colectiva que supón avances en xustiza social, democracia e dereitos para todas as mulleres.
 

Xuntas e xuntos, avanzamos cara á igualdade real!


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es