
O comité de empresa alerta da situación en que queda un centro de traballo que dá emprego a 130 persoas e convoca paros para o vindeiro luns, 8 de abr
CCOO alerta da posible perda de emprego en Unitono en Ourense e critica a Naturgy pola deslocalización de traballo
A Federación de Servizos de CCOO alerta da posible perda de emprego en Unitono no seu centro de chamadas de Ourense e critica a Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa) pola deslocalización de traballo que se presta actualmente desde Galicia. Segundo o sindicato, a empresa atribúelle á eléctrica a decisión de levar fóra da comunidade autónoma o servizo, concretamente para unha nova plataforma aberta o pasado marzo en Reus.