
CCOO Servizos mellora resultados en Unitono (Ourense)
Hoxe, 29 de novembro, celebráronse eleccións na empresa
Unitono na Provincia de Ourense obtendo CCOO Servizos un total de 2 delegados/as para
un comité de 9. Este resultado mellora a representación anterior de CCOO incrementado nun delegado o resultado de fai catro anos, o cal é froito do traballo e compromiso demostrado polos nosos compañeiros/as durante este período.
Estas
eleccións corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras
externos, adicadas a actividades de Contact Center para Gas Natural
Fenosa.
CCOO Servizos
amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste
proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en
Comisións Obreiras.
CCOO
Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e
traballadoras renovando o noso compromiso para levar a cabo o mellor
traballo posible en defensa dos intereses de toda o personal.