Imagen afiliación


Archivado en Comunicados, Elecciones sindicales

COMFIA-CCOO consegue maioría absoluta en TRAGSATEC


COMFIA-CC.OO. consegue nas eleccións sindicais do pasado cinco de maio doce dos trece postos do comité de empresa de TRAGSATEC, na provincia da Coruña, onde conta con trescentos oitenta traballadoras e traballadores que pertencen ao centro de traballo de Santiago de Compostela.

Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,
Pasaron xa catro anos desde que se celebraron as primeiras eleccións sindicais en TRAGSATEC, na provincia da Coruña, nas que Comfia-CC.OO. obtivo tres delegados de persoal.
Nestas novas eleccións os traballadores e traballadoras de TRAGSATEC protexen o traballo sindical efectuado polos delegados e delegadas de CCOO, dándolles o seu voto e apoio, obtendo así uns excelentes resultados: dos trece elixidos, doce corresponden a CC.OO e ún a UGT, obtendo así un 92,31% da representación sindical.