No ámbito laboral, traballamos sindicalmente por erradicar o acoso sexual ou laboral que se pode producir nos centros de traballo mediante protocolos contra o acoso, e as medidas preventivas necesarias para que este non ocorra. Pero que sucede cando o acoso ten a súa orixe nas accións das persoas que se senten empoderadas e protexidas só polo feito de ser “o cliente?
Existen mecanismos para protexelas, desde como se organiza o traballo diario a procedementos e recursos que garantan a súa seguridade:
- Dispor de botóns antipánico, handys ou teléfonos para estar en contacto co resto do equipo ante casos de emerxencia.
- Manter a porta da habitación aberta e bloquear o acceso de entrada cos carros de limpeza.
- Nunca limpar unha habitación se o hóspede permanece dentro. No caso de que o persoal de piso se atope limpando a habitación e o hóspede solicite entrar, a traballadora debe saír da habitación e regresar máis tarde.
- Ao realizar unha entrega extra de toallas, artigos de toilette ou de room service, o persoal non debe entrar na habitación, ou facelo en parellas.
- Evitar traballar illadas, garantindo que o número de traballadoras é apropiado para cada tarefa e para cada momento do día, extremando as precaucións nas quendas de noite, máis vulnerables.
- Que todas as dependencias do hotel, como corredores, escaleiras de emerxencia, almacéns, cuartos de almacenaxe, conten con iluminación de detección de presenza.
- Que os hoteis se doten dos servizos de seguridade necesarios en caso de incidentes.
- Roupa de traballo adecuada para a tarefa. Libre elección de uniforme (saia/pantalón)
- En caso de danos físicos e/ou psíquicos, por agresión verbal ou física, abuso ou violación, as empresas deben pór a disposición da afectada todos os medios sanitarios e xurídicos posibles, asumindo o seu custo, así como o recoñecemento de accidente laboral.
- Programas de sensibilización, formación, e información.
CCOO Servizos, pide ás institucións (Goberno) a ratificación formal do Convenio 190 da OIT sobre a Eliminación da Violencia e o Acoso no Mundo do Traballo e demanda ás empresas do sector que adquiran un compromiso firme contra esta secuela, considerando o acoso sexual por parte de persoas alleas á empresa como un risco a ter en conta nas súas instalacións, adoptando todas as medidas preventivas posibles para que as súas traballadoras non sufran ningún dano.