Archivado en Salud Laboral, Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Contact Center, Accion sindical
As principais denuncias do comité teñen que ver coa precariedade na contratación, xornadas parciais, modificación de horarios a criterio da empresa ou o elevado risco psicosocial. Por esta razón, concentráronse durante a mañá diante da oficina do Banco Santander no Cantón Grande, n.º 4 (A Coruña)
Actualmente, a empresa conta en toda a provincia da Coruña cun cadro de persoal de arredor de 1400 persoas e dedícase ao sector dos centros de chamadas. Pertence ao grupo Konecta, unha das principais multinacionais do sector, e dá servizo a clientes como o mencionado Banco Santander, Abanca ou Inditex, entre outros.
Elevada esixencia, pouca formación
Segundo o comité, o centro de traballo de Bergondo dispón duns douscentos traballadores e traballadoras para a campaña Superlínea do Banco Santander. Trátase dun cliente «moi esixente» que «non facilita as cousas» á hora de lles trasladar os procedementos aos axentes que prestan servizo nela, resumen desde o comité.
Isto indice, precisamente, nunha das cuestións que denuncian: o risco psicosocial. O comité denunciou xa en varias ocasións a «nula formación» que recibe o persoal, relacionado cos criterios de selección. «Fanse contratacións sen requisito específico ningún, nin coñecementos bancarios previos», apuntan, «porén, despois expóñense a unha presión e esixencias de calidade que nada teñen que ver coa formación recibida», conclúen.
Folga a finais de mes
Se non hai ningún avance canto ás demandas do persoal, o vindeiro 28 de xuño (venres) haberá unha folga parcial, con paros de dúas horas na quenda de mañá e outras tantas na da tarde, advirte a representación legal das persoas traballadoras.
2025 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto