Archivado en plan de igualdad, Comunicados convenio, Planificación e Consultorías, Muller
Negociación do Plan de Igualdade de DENODO
O pasado 24 de abril do 2021 procedeuse a constituír a mesa de negociación do primeiro Plan de Igualdade de ámbito estatal da empresa DENODO, de acordo ao establecido polo RD-901/2020, que indica que as empresas teñen a obriga de negociar e elaborar un Plan de Igualdade para garantir a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación.
Neste caso, ao non existir Representación Legal das persoas Traballadoras, as empresas deben dirixirse aos sindicatos máis representativos a nivel estatal e/ou no sector para a negociación do Plan de Igualdade. Ler máis
CCOO como un dos sindicatos máis representativos a nivel sectorial, formamos parte da comisión negociadora que se constituíu coa vontade de defender os intereses do persoal dos centros da Coruña e Madrid.
Segundo a lexislación vixente, os plans de igualdade conterán un conxunto ordenado de medidas avaliables dirixidas a eliminar os obstáculos que impiden ou dificultan a igualdade efectiva de mulleres e homes. Con carácter previo elaborarase un diagnóstico negociado, no seu caso, coa representación legal das persoas traballadoras, que conterá polo menos as seguintes materias:
a) Proceso de selección e contratación.
b) Clasificación profesional.
c) Formación.
d) Promoción profesional.
e) Condicións de traballo, incluída a auditoría salarial entre mulleres e homes.
f) Exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral.
g) Infrarrepresentación feminina.
h) Retribucións.
i) Prevención do acoso sexual e por razón de sexo.
A elaboración do diagnóstico realizarase no seo da Comisión Negociadora do Plan de Igualdade, para o que, a dirección da empresa facilitará todos os datos e información necesaria para elaborar o mesmo en relación coas materias enumeradas neste apartado, así como os datos do Rexistro regulados no artigo 28, apartado 2 do Estatuto dos Traballadores. Tras a recompilación dos datos mencionados actualmente atopámonos na fase da análise dos mesmos para elaborar o informe do diagnóstico de xénero necesario para poder identificar aquelas áreas sobre as que levar a cabo medidas concretas que poidan corrixir posibles desigualdades de xénero.
Por parte de CCOO quedamos a disposición de todo o persoal para contactar connosco e aclarar calquera dúbida sobre o proceso que leva a negociación do Plan de Igualdade.
Calendario Laboral 2025. Publicado en el BOE
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Victoria judicial en la Audiencia Nacional sobre el conflicto de horarios en Casa del Libro
Acuerdo en el ERE de H&M
La Sección Sindical de CCOO CaixaBank renueva la Secretaría General y la Comisión Ejecutiva
Reunión de la mesa negociadora del Convenio estatal de Restauración Colectiva