CONVENIO COLECTIVO DE OFICINAS Y DESPACHOS LUGO
NO VIGENTE. FIRMADO OTRO CONVENIO MAS RECIENTE
Convenio Colectivo para o Sector de Oficinas e Despachos da Provincia de Lugo
Introducción
Visto o texto do CONVENIO COLECTIVO PARA O SECTOR DE "OFICINAS E DESPACHOS DA PROVINCIA DE LUGO", asinado o 12-07-00, pola representación da Asociación de Asesores e Xestores da Provincia de Lugo e das centrais sindicais C.I.G.-BANCA 50%, FES-U.G.T. 27,8% e CC.OO. 22,2%, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real Decreto 1.040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.
Esta Delegación Provincial, acorda:
Primeiro: Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta Delegación, así como o seu depósito.
Segundo: Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.
Terceiro: Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia.
Convenio Colectivo para o sector de Oficinas y Despachos da provincia de Lugo.
CAPITULO I.- Unidades de negociación.
Artigo 1.- Partes concertantes. A comisión negociadora do convenio de oficinas y despachos de Lugo está integrada pola parte empresarial: Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo co 100%, e pola parte social: As centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG) co 50%, Unión general de Trabajadores (U.G.T.) Co 27,8% e Comisións Obreiras (CC.OO.) Co 22,2%.
Ambalas dúas partes recoñécense como interlocutores válidos con lexitimación suficiente para a negociación do presente convenio dacordo co que establece o Título III do vixente Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995.
CAPITULO II.- Ambitos, Vixencia e Denuncia.
Art. 2.- Ambito persoal. Rexeranse polo presente convenio a totalidade dos traballadores e traballadoras que na actualidade ou no sucesivo, presten os seus servicios nas empresas reguladas polo ámbito funcional e situadas dentro do ámbito territorial.
Art. 3.- Ambito funcional. O convenio será de aplicación a tódalas empresas encadradas, ou que no futuro se encadren, nas actividades reguladas pola Ordenanza Laboral para "oficinas e despachos", de 31 de outubro de 1972, hoxe derogada.
Art. 4.- Ambito territorial. As normas do presente convenio serán de aplicación en toda a provincia de Lugo.
Art. 5.- Ambito temporal e vixencia. O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999, con independencia da data da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia ou Diario Oficial de Galicia.
A duración será ata o 31 de decembro do 2000, entendéndose prorrogado tácitamente por anualidades naturais de non mediar denuncia expresa das partes.
Art. 6.- Denuncia. Calquera das dúas partes poderá solicita-la revisión do convenio, formulando a denuncia do mesmo á outra parte e á autoridade laboral competente, con tres meses de antelación -como mínimo- á data de expiración da súa vixencia ou á de calquera das súas prórrogas.
CAPITULO III.- Representación das partes negociadoras.
Art. 7.- Comisión paritaria. Acórdase establecer unha comisión paritaria como órgano para a conciliación, interpretación e vixiancia do pactado no presente convenio.
Esta comisión estará formada, por catro representantes da asociación de asesores e xestores da provincia de Lugo; dous de CIG; un de FES-U.G.T.; e outro de CC.OO., organizacións que figuran como asinantes do presente convenio.
O sos efectos de notificacións, sinálanse os seguintes enderezos:
Pola representación económica: Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo, sita na Praza de Sto. Domingo, 6-8, 2.ª de Lugo.
Pola representación social: Confederación Intersindical Galega (C.I.G.), na Ronda da Muralla, 58, baixo de Lugo; FES-U.G.T., na Ronda da Muralla, 58, 1.ª de Lugo e Comisións Obreiras, na Ronda da Muralla 58, baixo de Lugo.
CAPITULO IV.- Tempo de traballo.
Art. 8.- Xornada de traballo. A xornada de traballo distribuirase da seguinte forma:
a) Xornada de inverno: 40 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada partida.
Aquelas empresas que teñan establecida xornada continuada durante todo o ano, respetarana como condición máis beneficiosa, distribuíndoa de luns a sábado.
b) Xornada de verán: 35 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada intensiva ou continuada. Este réxime de xornada levarase a cabo dende o día 1 de xullo ó día 30 de setembro, ámbolos dous inclusive, agás as asesorías contables e fiscais, que poderán optar, en base ás obrigas do calendario fiscal, polo período comprendido dende o 20 de xullo ó 12 de outubro.
Os días 24 e 31 de decembro considéranse con carácter xeral como días non laborables. No caso de que os traballadores teñan que prestar servicios nas datas sinaladas por razóns organizativas ou de necesidade de atención ou asistencia ó público, as empresas terán que sustituir o disfrute do descanso nas datas sinaladas por outro tempo de descanso equivalente.
Para o ano 2000, dado que os días 24 e 31 de decembro coinciden en domingo, os traballadores e traballadoras afectados polo presente convenio disfrutarán dunha ponte considerándose como non laborable ben o día 24 de xullo, ben o día 14 de agosto.
Art. 9.- Permisos retribuidos. Os traballadores interesados concederáselles -necesariamente- os seguintes permisos retribuidos:
a) Matrimonio do traballador ou traballadora: 15 días.
b) Matrimonio de ascendentes, descendentes e colaterais ata o terceiro grao de consanguinidade e afinidade: O día en que se celebre a cerimonia.
c) Por nacemento de fillo: 3 días.
d) Por intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe, e parentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade: 5 días.
e) Morte do cónxuxe, parentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade e irmáns: 3 días, que se ampliarán ata 5 días se o óbito ocorrera en provincia distinta á do centro de traballo. Tíos e cunhados: 1 día; 2 se é fora da provincia.
f)Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: Ata un máximo de 3 días non acumulables a vacacións. Outorgarase este permiso unha vez demostrada a súa necesidade.
g) Licencia a representantes sindicais: Estarase ó lexisla do nesta materia.
h) O tempo necesario para a realización de exámenes en centros oficiais.
i) Para a mudanza por cambio de domicilio: 2 días.
Os días ós que fai referencia este artigo entenderánse, en todo caso, como naturais e sen perxuicio do establecido no Estatuto dos Traballadores.
Art. 10.- Vacacions anuais. O personal regulado por este convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais que se disfrutarán preferentemente nos meses de verán, de acordo coas necesidades da empresa.
As quendas de vacacións serán fixadas pola empresa e os delegados de persoal ou comités de empresa -onde os haxa- ou, no seu defecto, por quen designen os traballadores.
A data de comezo do disfrute farase coincidir cun luns laborable, agás cando se trate dun mes natural.
CAPITULO V. Percepcions económicas.
Art. 11.- Salario Base. En concepto de salario base mensual corresponden a cada unha das categorías profesionais, os importes que se detallan na primeira columna das táboas salariais anexas, que reflicten un incremento para o ano 1999 do 3% e para o ano 2000 do 2,5%.
Establécese para o ano 2000, o segundo de vixencia do presente convenio, unha cláusula de revisión no suposto de que o IPC real oficial estatal correspondente ó ano 2000 supere o 2%, no exceso da indicada cifra, e con efectos dende o 1 de xaneiro do 2000.
Para o abono dos atrasos correspondentes ós anos 1999 e 2000 estabrécese un prazo de dous meses contados a partires da publicación do presente convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo ou diario Oficial de Galicia.
Art. 12.- Remuneración anual. En cumprimento do que dispón o artigo 26.5 do vixente Estatuto dos Traballadores detállanse na segunda columna da táboa salarial anexa os salarios no seu cómputo anual, en función da xornada efectiva pactada no presente convenio.
Art. 13.- Antigüidade. Establécese un complemento persoal de antigüidade para todálas categorías, consistente en Trienios por un importe do 6% do salario base, a devengar dende o día primeiro do mes no que se cumpra o trienio.
En todo caso, seguiranse percibindo as cantidades que se tiveran devengadas en concepto de antigüidade á data de entrada en vigor deste convenio.
A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderán, en caso ningún supoñer máis do 60%.
Art. 14.- Gratificacións extraordinarias e participación en beneficios. Os traballadores ó servicio das empresas afectadas por este convenio, percibirán Tres gratificacións exraordinarias cada ano: Unha no mes de xullo, outra no mes de setembro, e a terceira no mes de decembro. O importe de cada unha delas será dunha mensualidade de salario base máis antigüidade.
Asimesmo, e en concepto de participación en beneficios, os traballadores percibirán unha paga máis no mes de marzo de cada ano, calculada de igual forma que as anteriores.
O persoal que ingrese ou cese na empresa durante o transcurso do ano, percibirá as gratificacións extraordinarias e a participación de beneficios en proporción ó tempo traballado.
Aqueles traballadores ou traballadoras que polos conceptos anteriores veñan percibindo das empresas o importe correspondente a unha mensualidade do seu salario real, seguirán excepcionalmente coas mesmas condicións por ter carácter máis beneficioso.
As pagas correspondentes ós meses de marzo e setembro poderán ratearse ó longo do ano por acordo entre empresa e traballadores.
CAPITULO VI. Conceptos extrasalariais.
Art. 15.- Axudas de custo e desprazamentos. As axudas de custo para o persoal que, en razón dos métodos de organización das empresas, deba efectuar saidas fóra do Concello no que radica o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte maneira a partires da data de publicación do presente convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo ou Diario Oficial de Galicia:
- Axuda de custo completa: Fíxase na contía de 3.300 ptas. para tódalas categorías.
- Media axuda de custo: Será do importe do 50% da contía anterior, igoalmente para todálas categorías.
Art. 16.- Plus de transporte. Establécese para todas as categorías profesionais e para o período que vai dende o un de xaneiro do 2000 ata o 31 de decembro do 2000 un plus de transporte por mes efectivamente traballado na contía de 5.500 ptas./mes.
Art. 17.- Gastos de locomoción o quilometraxe. O traballador ou traballadora que, por necesidades do servicio, teña que desprazarse fora do lugar onde radique o seu centro de traballo empregando o seu vehículo particular, percibirá por este concepto a cantidade de 24 pesetas quilómetro.
CAPITULO VII. Cadros de persoal, ascensos e ceses.
Art. 18.- Cadros de persoal. As empresas reguladas por este convenio axustarán os seus cadros de persoal ás seguintes normas:
a) Os empregados ou empregadas que teñan directamente baixo a súa responsabilidade a quince ou máis traballadores dos grupos titulados administrativos ou técnicos, clasificaranse como xefes ou xefas superiores.
b) En dependencias con dez ou máis traballadores dos grupos nomeados no apartado anterior, o empregado ou empregada que se atope á fronte dos mesmos terá a categoría de xefe ou xefa de primeira.
c) Nos centros de traballo onde presten os seus servicios un número de sete traballadores dos grupos xa nomeados anteriormente ou, no suposto de que sendo menos de sete exista un mínimo de tres clasificados coma oficial ou asimilado, estará á fronte dos mesmos un xefe ou xefa de segunda.
Art. 19.- Ascensos. Oficiais.- Tódalas empresas reguladas polo presente convenio están obrigadas a dispoñer nos seus cadros de persoal como mínimo dun número de oficiais de primeira igual ó vinte por cento do total de oficiais.
A elección dos novos oficiais de primeira é facultade exclusiva do empresario. Para o seu cómputo, terase en conta a fracción decimal que supere o 0,50.
Auxiliares administrativos.- Os auxiliares administrativos con catro anos de servicio nesta categoría dentro da empresa, pasarán automáticamente á categoría de oficial de segunda administrativo; e ó cumpri-los nove anos ascenderá automáticamente a oficial de primeira.
Ordenanza.- O ordenanza, ós catro anos de servicio na empresa pasará automáticamente á categoría de conserxe, e ós nove anos, á de conserxe maior.
Auxiliar especialista de oficina.- O auxiliar especialista de oficina con máis de tres anos na súa categoría dentro da empresa, ascenderá automáticamente á categoría de calcador.
Cobradores.- Os cobradores ó cumprir dez anos de antigüidade na súa categoría dentro da empresa, asimilaranse -exclusivamente a efectos económicos- ós oficiais de segunda administrativos.
Aspirantes.- Os aspirantes con dous anos de servicio nesta categoría dentro da empresa pasarán automáticamente á categoría, ben de auxiliar especialista de oficina, ben de auxiliar administrativo.
Art. 20.- Preaviso para o cese. O traballador ou traballadora que desexe cesar voluntariamente no servicio á empresa virá obrigado a poñelo en coñecemento do empresario por escrito cumprindo un prazo de preaviso de 15 días para os traballadores que figuren nos grupos de cotización á Seguridade Social 01 e o2 e de 7 días para o resto dos traballadores.
O incumprimento por parte do traballador da obriga de preavisar coa indicada antelación dará dereito ó empresario a descontar da liquidación de salarios o importe do salario, incluido o rateo das pagas extraordinarias, dun día por cada día de retraso no preaviso.
CAPITULO VIII. Acción sindical.
Art. 21.- Direitos sindicais. En todo o concernente ós aspectos sindicais dentro e fora das empresas, estarase ó que sobre esta materia dispón o vixente Estatuto dos Traballadores e a Lei Orgánica 11/1985, do 2 de agosto de Libertade Sindical.
CAPITULO IX. Contratación.
Art. 22.- Contratación eventual. No uso da posibilidade prevista no artigo 15.1.b do Estatuto dos Traballadores, modificado por Real Decreto-Lei 8/1997, no ámbito de aplicación do presente convenio poderanse concertar os contratos eventuais previstos en tal artigo cunha duración máxima de trece meses e medio dentro dun período de 18 meses. No caso de concertarse tales contratacións por prazo inferior a trece meses e medio, poderán ser prorrogadas mediante acordo das partes sen que a duración total do contrato poda exceder do dito límite máximo.
CAPITULO X. Cómputos e vinculación.
Art. 23.- Compensación e absorción. As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, por tanto, absorverán e compensarán no seu conxunto as melloras de calquer tipo que viñeran anteriormente satisfacendo as empresas, ben sexa por imperativo legal, convenio colectivo, etc.
Art. 24.- Vinculación a totalidade. Coma se cita no artigo anterior, as condicións establecidas no presente convenio e pactadas polas partes deliberadoras do mesmo, forman un todo orgánico e indivisible. En consecuencia, no poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias normas con esquecemento das restantes, senón que, a tódolos efectos o presente convenio aplicarase e observarase na súa totalidade.
No suposto de que a autoridade laboral ou Xurisdicción competente, no exercicio das súas facultades, declárase nulo total ou parcialmente algún artigo, quedará o presente convenio invalidado na súa totalidade, levándose a cabo unha nova negociación.
CAPITULO XI. Acción social.
Art. 25.- Incapacidade temporal (IT). En calquera suposto de baixa por incapacidade temporal, as empresas afectadas por este convenio estarán obrigadas a aboar ó traballador ou traballadora nesta situación o 100% do salario correspondente no momento de producirse a baixa.
Art. 26.- Póliza de seguros. As empresas están obrigadas a concertar, con primas integras ó seu cargo, unha póliza de seguros que cubra, nos casos de accidente laboral con resultado de morte ou invalidez, 1.500.000 pesetas.
As empresas disporán dun prazo de dous meses, a partires da publicación do presente convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo ou Diario Oficial de Galicia, para concertar a póliza indicada, a cal cubrirá os procesos iniciados a partires de tal prazo.
Do mesmo prazo disporán as empresas de nova creación dende a data de alta no IAE.
Art. 27.- REvisións médicas. Tódalas empresas vinculadas ó presente convenio colectivo, estarán obrigadas a solicitar do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene no Traballo, ou da Mutua Patronal que cubra o risco de accidentes de traballo, un recoñecemento médico anual para todo o persoal. O tempo empregado para dito recoñecemento aboarase pola empresa.
En todo caso, e dado que a normativa en vigor en materia de prevención de riscos laborais obriga ó empresario á vixilancia da saúde, haberán de realizarse os recoñecementos médicos que resulten aconsellables en función da avaliación de riscos realizada na empresa.
Art. 28.- Seguridade e saúde no traballo. a)Seguridade e saúde no traballo.- De conformidade co disposto na Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais, os traballadores e traballadoras teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. O citado dereito supón a existencia dun correlativo deber da empresa na protección dos traballadores ó seu servicio fronte ós riscos laborais.
No cumprimento do deber de protección, a empresa deberá garantir a seguridade e saúde dos traballadores ó seu servicio en tódolos aspectos relacionados co traballo. Igualmente a empresa está obrigada a garantir a formación práctica e adecuada nestas materias a tódolos traballadores.
Corresponde a cada traballador velar polo cumprimento das medidas de prevención que en cada caso sexan adoptadas.
b) Especial protección por embarazo ou parto.- No marco sinalado nos parágrafos anteriores a avaliación de riscos, á que obriga a normativa en vigor en materia de prevención de riscos laborais, deberá comprender no seu caso a determinación da natureza, o grao e a duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan influir negativamente na saúde das traballadoras ou do feto. Se os resultados de tal avaliación revelasen un risco para a seguridade e saúde ou unha posible repercusión sobre o embarazo ou a lactancia das citadas traballadoras, o empresario adoptará as medidas necesarias para evita-la exposición a dito risco, a través dunha adaptación das condicións ou do tempo de traballo de traballadora afectada.
c) Comisión Paritaria de Seguridade e Saúde no traballo.- As partes firmantes acordan constituir unha Comisión Paritaria Provincial Sectorial de Seguridade e Saúde no traballo integrada por catro representantes de cada una das partes firmantes. Pola parte empresarial 4 da asociación de asesores e xestores da provincia de Lugo e pola parte sindical 2 da CIG, 1 de UGT e 1 de CC.OO.
Ambas representacións comprométense a manter reunións por convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación. Así mesmo as partes firmantes comprométense á elaboración dun regulamento de funcionamento da Comisión no que constará que as funcións básicas da mesma terán coma obxectivos prioritarios polo menos os seguintes:
1.º Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.
2.º Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reducir os riscos que atenten contra e integridade física e saúde dos traballadores.
3.º Dar a coñecer as normas e procedementos que en materia de seguridade e saúde no traballo dicten os organismos competentes nesta materia.
4.º Cantas outras funcións se atribúa a Comisión orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e saúde no traballo no sector de oficinas e despachos da provincia de Lugo.
DISPOSICION ADICIONAL.
Unica. As partes asinantes desde convenio manifestan a súa vontade de contribuir á normalización do idioma galego e apoiar canto axude a tal obxectivo.
Nese senso acordan redactar e dar trámite de publicación ó convenio en galego, así coma propiciar o seu uso nas relacións laborais no ámbito das empresas do sector.
DISPOSICION FINAL.
Primeira.- No non establecido de forma expresa no presente convenio, aplicarase a Ordenanza Laboral para Oficinas e Despachos, do 31 de outubro de 1972, hoxe derrogada, en tanto en canto non sexa sustituida por un Acordo Marco estatal ou autonómico.
Segunda.- Unidades de negociación. A representación das partes que negociaron, aproban e suscriben o texto deste convenio, está constituida da seguinte forma:
Pola parte económica:
José Luis Valcárcel Yáñez.
Salustiano Velo Sabín.
Eugenia López Arias.
Berta López Ferreiro.
José Luis Pontón Fernández.
Andrés Manuel Caso Martínez.
Manuel Núñez Carreira.
Pola parte social:
Antón Casabella Mosquera.- CIG-BANCA, AFORRO, SEGUROS E OFICINAS.
Xosé Valcárcel Sánchez.- CIG-BANCA, AFORRO, SEGUROS E OFICINAS.
Sonia García Gómez.- CIG-BANCA, AFORRO, SEGUROS E OFICINAS.
Mónica Flores Ferreiro.- CIG-BANCA, AFORRO, SEGUROS E OFICINAS.
Juan Carlos Araújo Rodríguez.- FES-UGT.
Nieves Gil Rodríguez.- FES-UGT.
Guillermo Fernández Vázquez.- FES-UGT.
Anselmo Sampedro Ania.- CC.OO.
Manuel Vilela González.- CC.OO.
Emeterio Páramo Pantón.- CC.OO.
Táboa salarial convenio de Oficinas e Despachos de Lugo.
Vixencia: 01/01/99 ó 31/12/99
Categoría profesional |
Soldo Mensual |
Retribuc. Anual |
Grupo I.- Titulados/as: Titulado/a Grado Superior Titulado/a Grado Medio |
128.223 115.752 |
2.051.568 1.852.032 |
Grupo II.- Administrativos/as: Xefe/a Superior Xefe/a de 1ª Xefe/a de 2ª, Caixeiro/a con firma, Xefe/a de Reporteiros. Traductor/a e Intérprete Xurado de máis de un idioma. Oficial de 1ª, Caxeiro/a sen firma, Intérprete Xurado un idioma. Operador/a máquinas contables, Taquimecanógrafo/a, Telefonista. Recepcionista con máis de dous idiomas, Inspector/a de Zona. Oficial de 2ª, Telefonista e Recepcionista con un idioma. Reporteiro/a de Axencia de Información. Traductor/a e Intérprete non Xurado, Xefe/a de Visitadores. Auxiliar Administrativo, Telefonista, Visitador/a, Cobrador/a, Pagador/a. Aspirante |
115.752 114.070 110.565 110.565 101.598 101.598 101.598 96.552 96.552 96.552 83.941 58.995 |
1.852.032 1.825.120 1.769.040 1.769.040 1.625.568 1.625.568 1.625.568 1.544.832 1.544.832 1.544.832 1.343.056 943.920 |
Grupo III. Técnicos de Oficina: Xefe/a Superior Xefe/a de 1ª, Xefe/a de Equipo de Informática. Analista, Programador/a de Ordenadores. Xefe/a de 2ª, Xefe/a de Delineación, Xefe/a de Explotación. Programador/a de Máquinas Auxiliares. Administrador/a de Test. Coordinador/a de Tratamento de Cuestionarios. Xefe/a de Equipo de Enquisas, Coordinador/a de Estudios. Delineante proxectista. Debuxante proxectista, Controlador/a, Operador/a de Ordenadores. Delineante. |
115.752 114.070 114.070 110.565 110.565 110.565 108.885 102.580 101.598 96.552 |
1.852.032 1.825.120 1.825.120 1.769.040 1.769.040 1.769.040 1.742.160 1.641.280 1.625.568 1.544.832 |
Grupo IV.- Especialistas de Oficina: Xefe/a de Máquinas Básicas Operador/a de Tabuladores, Inspector/a de Entrevistadores. Encargado/a Departamento de Reprografías. Operador/a de Máquinas Básicas, Debuxante. Entrevistador/a, Enquisador/a. Calcador/a, Perforista, Verificador/a, Clasificador/a. Auxiliar Especialista de Oficina Aspirante |
107.059 101.598 101.598 96.552 96.552 89.267 83.941 58.995 |
1.712.944 1.625.568 1.625.568 1.544.832 1.544.832 1.428.272 1.343.056 943.920 |
Grupo V.- Subalternos: Conserxe Maior Conserxe Ordeanza Botones de 17 anos Botones de 16 anos |
89.267 85.762 83.941 57.316 49.607 |
1.428.272 1.372.192 1.343.056 917.056 793.712 |
Grupo VI.- Oficios Varios: Encargado/a Almaceneiro/a Oficial de 1ª, Conductor/a de 1ª Oficial de 2ª, Conductor/a de 2ª Axudante, Operador/a reproductor de planos. Operador/a Multicopista e Serocopista Peón, Mozo/a, Limpador/a, Limpador/a de xornada completa. |
96.552 93.050 89.267 85.762 85.762 83.941 |
1.544.832 1.488.800 1.428.272 1.372.192 1.372.192 1.343.056 |
Táboa salarial convenio de Oficinas e Despachos de Lugo
Vixencia: 01/01/00 ó 31/12/00
Categoría profesional |
Soldo Mensual |
Retribuc.Anual |
Grupo I.- Titulados/as: Titulado/a Grado Superior Titulado/a Grado Medio |
131.429 118.646 |
2.102.864 1.898.336 |
Grupo II.- Administrativos/as: Xefe/a Superior Xefe/a de 1ª Xefe/a de 2ª, Caixeiro/a con firma, Xefe/a de Reporteiros. Traductor/a e Intérprete Xurado de máis de un idioma. Oficial de 1ª, Caxeiro/a sen firma, Intérprete Xurado un idioma. Operador/a máquinas contables, Taquimecanógrafo/a, Telefonista. Recepcionista con máis de dous idiomas, Inspector/a de Zona. Oficial de 2ª, Telefonista e Recepcionista con un idioma. Reporteiro/a de Axencia de Información. Traductor/a e Intérprete non Xurado, Xefe/a de Visitadores. Auxiliar Administrativo, Telefonista, Visitador/a, Cobrador/a, Pagador/a. Aspirante |
118.646 116.922 113.329 113.329 104.138 104.138 104.138 98.966 98.966 98.966 86.040 72.800 |
1.898.336 1.870.752 1.813.264 1.813.264 1.666.208 1.666.208 1.666.208 1.583.456 1.583.456 1.583.456 1.376.640 1.164.800 |
Grupo III. Técnicos de Oficina: Xefe/a Superior Xefe/a de 1ª, Xefe/a de Equipo de Informática. Analista, Programador/a de Ordenadores. Xefe/a de 2ª, Xefe/a de Delineación, Xefe/a de Explotación. Programador/a de Máquinas Auxiliares. Administrador/a de Test. Coordinador/a de Tratamento de Cuestionarios. Xefe/a de Equipo de Enquisas, Coordinador/a de Estudios. Delineante proxectista. Debuxante proxectista, Controlador/a, Operador/a de Ordenadores. Delineante. |
118.646 116.922 116.922 113.329 113.329 113.329 111.607 105.145 104.138 98.966 |
1.898.336 1.870.752 1.870.752 1.813.264 1.813.264 1.813.264 1.785.712 1.682.320 1.666.208 1.583.456 |
Grupo IV.- Especialistas de Oficina: Xefe/a de Máquinas Básicas Operador/a de Tabuladores, Inspector/a de Entrevistadores. Encargado/a Departamento de Reprografías. Operador/a de Máquinas Básicas, Debuxante. Entrevistador/a, Enquisador/a. Calcador/a, Perforista, Verificador/a, Clasificador/a. Auxiliar Especialista de Oficina Aspirante |
109.735 104.138 104.138 98.966 98.966 91.499 86.040 72.800 |
1.755.760 1.666.208 1.666.208 1.583.456 1.583.456 1.463.984 1.376.640 1.164.800 |
Grupo V.- Subalternos: Conserxe Maior Conserxe Ordeanza Botones de 17 anos Botones de 16 anos |
91.499 87.906 86.040 |
1.463.984 1.406.496 1.376.640 |
Grupo VI.- Oficios Varios: Encargado/a Almaceneiro/a Oficial de 1ª, Conductor/a de 1ª Oficial de 2ª, Conductor/a de 2ª Axudante, Operador/a reproductor de planos. Operador/a Multicopista e Serocopista Peón, Mozo/a, Limpador/a, Limpador/a de xornada completa. |
98.966 95.376 91.499 87.906 87.906 86.040 |
1.583.456 1.526.016 1.463.984 1.406.496 1.406.496 1.376.640 |
Infórmate
CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más
Síguenos en Telegram
Dónde estamos
OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es