Archivado en Comunicado breve, Sector Financiero, Sector Financeiro
A Sección Sindical de CCOO en Abanca celebra o seu II Plenario Estatal
Hoxe venres, vinte e oito de xuño, celebrouse o plenario estatal da sección sindical de Abanca. Despois de catro anos durante os cales se resolveron conflitos tanto a través de solucións negociadas como de mobilizacións, as delegadas e delegados elixiron ás persoas que pasarán a integrar a comisión executiva da sección.
Durante este período leváronse a cabo avances en distintas áreas que favoreceron o desempeño do traballo sindical: Ler máis
-
Colaboración recíproca coa Federación de Servizos e coa Agrupación do Sector Financeiro.
-
Mellora da comunicación interna para optimizar a xestión dos problemas e demandas do persoal
-
Incremento das visitas e o asesoramento nos centros de traballo que permitiu manter o nivel de representatividade a pesar das saídas producidas polos ERE’s.
-
Seguimento e compensación da formación obrigatoria e das promocións internas
-
Xestión da clasificación de oficinas, retribucións asociadas á mesma e reclamacións das incidencias de tipo salarial.
-
Resolución de irregularidades en materia de saúde laboral derivadas do novo modelo de oficina, reformas e traslados.
-
Seguimento continuo e denuncia ante Inspección de Traballo das deficiencias na avaliación de riscos psicosociais e aprobación dun protocolo de violencia externa.
-
Con especial intensidade tratáronse todos os asuntos derivados da área de Igualdade: flexibilidade horaria, reducións de xornada, diagnósticos semestrais, adaptación de obxectivos á xornada realizada, denuncia de brecha salarial, achegamento de traballadoras/es desprazadas/os, seguimento dos novos permisos de nacemento, etc.
-
Negociación do novo acordo de previsión social complementaria.
-
Habilitación de comedores en Barcelona, Madrid, Santiago e Vigo
Este traballo frutificou nas pasadas eleccións do vinte e oito de novembro, nas que a Sección Sindical de Abanca revalidou a súa condición de sindicato maioritario.
A Sección Sindical de Abanca inicia unha nova etapa con apoio unánime á súa secretaria xeral e con ánimos renovados para seguir traballando e loitando polas persoas traballadoras, asumindo os novos retos que veñen, cun equipo cada vez más forte e cohesionado.
Calendario Laboral 2025. Publicado en el BOE
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Victoria judicial en la Audiencia Nacional sobre el conflicto de horarios en Casa del Libro
Acuerdo en el ERE de H&M
La Sección Sindical de CCOO CaixaBank renueva la Secretaría General y la Comisión Ejecutiva
Reunión de la mesa negociadora del Convenio estatal de Restauración Colectiva