Atopámonos de novo nunha negociación interminable que se alonga de forma inxustificada e infinita na burocracia das patronais do sector. Non é de recibo que nos pasemos de novo 8 anos negociando para asinar un acordo que é un curta e pega do Estatuto das Persoas Traballadoras.
Esiximos ás empresas do sector que nos dean unha resposta que nos permita acordar e pechar un convenio que fixe as regras de xogo para todo o persoal e que o fagan xa. O convenio venceu en 2019 e toca renovalo xa, sen demora.