Archivado en Salario, Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Unión Comarcal A Mariña, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa
UGT e CCOO denuncian que, mentres soben os prezos, os salarios perden poder adquisitivo e aumenta a desigualdade
Mobilizacións o día 19 en toda Galicia «por uns salarios e emprego dignos»
CCOO e UGT convocan mobilizacións nas principais cidades e vilas galegas (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) para o vindeiro domingo, día 19. Os sindicatos denuncian que, mentres soben os prezos, os salarios perden poder adquisitivo e aumenta a desigualdade.
-Santiago: 12 h, Alameda-Praterías
-Ourense: 12 h, ao redor da Subdelegación do Goberno
CONCENTRACIÓNS
-A Coruña: 12 h, Delegación do Goberno
-Ferrol: 12 h, edificio da Xunta
-Lugo: 12 h, Subdelegación do Goberno
-Pontevedra: 12 h, Subdelegación do Goberno
-Vigo: 11.30 h, museo MARCO
UGT e CCOO reiteran que nos últimos anos a cidadanía tivo que afrontar a
perda progresiva de poder adquisitivo dos salarios, das pensións e das
rendas de protección, o que está a xerar un crecemento sostido da
desigualdade. Isto é consecuencia do forte aumento do desemprego e da
xeneralización da precariedade laboral, así como da suba dos prezos das
subministracións básicas, electricidade, gas e auga.
A imposición
de políticas de austeridade e continuos recortes, tanto no eido social
como laboral, disparou as taxas de desemprego ata niveis insoportables e
provocou a dualidade do mercado de traballo. Isto derivou nunha
sociedade máis empobrecida e nun retroceso inxustificado de dereitos
sociais e laborais.
A tímida recuperación económica que se
rexistra desde o 2015 non está a chegar nin aos salarios nin á rede de
protección social. E, por se fose pouco, a cidadanía tense que enfrontar
á suba do custe dos servizos básicos.
Os gobernos non poden mirar
cara outro lado e as organizacións patronais tampouco. Son culpables do
que pasa, da suba incontrolada dos prezos, da perda de poder de compra
dos salarios, das pensións e das rendas de protección.
Por todo
isto, UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia chaman a cidadanía galega
a saír á rúa este domingo contra o encarecemento da vida, especialmente
contra a suba dos servizos básicos esenciais.
Hai que saír á rúa
para demandar subas salariais, das pensións e das rendas de protección.
Subas que permitan recuperar o poder adquisitivo, retomando o IPC como
índice de actualización.
Hai que saír á rúa para reclamar máis e
mellor emprego; contra a precariedade laboral; contra a brecha salarial;
pola recuperación de dereitos e da calidade dos servizos públicos; por
unha prestación de ingresos mínimos que axude a combater a desigualdade e
a pobreza; e pola derrogación das reformas laborais.
Calendario Laboral 2025. Publicado en el BOE
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Victoria judicial en la Audiencia Nacional sobre el conflicto de horarios en Casa del Libro
Acuerdo en el ERE de H&M
La Sección Sindical de CCOO CaixaBank renueva la Secretaría General y la Comisión Ejecutiva
Reunión de la mesa negociadora del Convenio estatal de Restauración Colectiva