Archivado en Comunicado breve, Condiciones de trabajo, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Unión Comarcal A Mariña, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Comercio, Comercio Galicia
Concentracion fronte á central de Inditex para denunciar a situación laboral das traballadoras de LEFTIES (Inditex)
Hoxe, 22 de xuño, ás 12:00h, realizouse unha CONCENTRACIÓN diante da sede principal de lnditex en Arteixo en protesta pola reiterada actitude de desprezo da Dirección da empresa cara aos nosos dereitos e en demanda das melloras que levamos reclamando infrutuosamente desde hai moito tempo:
1.-A nivel ECONÓMICO:
-Incremento na porcentaxe de comisión de todo o persoal de Lefties.
-Incentivos equitativos cos que se cobran no resto das tendas da mesma empresa. Recordemos que LEFTIES É ZARA ESPAÑA, S.A. E NON UNHA CADEA INDEPENDENTE.
2.-A nivel LABORAL:
-Redución da excesiva carga de traballo mediante a oferta de horas ou ampliación de persoal.
-Eliminación da esixencia de xustificación nas solicitudes de redución de xornada por garda legal, xa que supón unha grave intromisión na intimidade e vida persoal das traballadoras.
Coñecemos casos de acoso e discriminación laboral que, evidentemente, crean conflitos persoais e tensións entre as traballadoras. A Dirección da empresa e Dirección de Tendas non fixeron nada efectivo até o de agora para atallar de maneira efectiva estes comportamentos. O único que se lles ocorreu foi iniciar uns ?protocolos de averiguación? de maneira unilateral, Sen Consultar nin dar participación ao Comité de Empresa, polo que se realizaron sen a transparencia necesaria. NON IMOS PERMITIR ESTE ESTILO DE DIRECCIÓN. Queremos e esiximOS que Se nos Xulgue unicamente polo noso traballo, non por outras circunstancias discriminatorias e alleas á relación labOral.
En canto á seguridade nas tendas, parece que, despois dunha longa loita por parte do Comité, a empresa vai contratar un VIXILANTE DE SEGURIDADE para a tenda do Torreiro. Esperamos que sexa unha medida permanente e non un APAÑO TEMPORAL como noutras ocasións.
LEFTIES, SOLUCIÓN XA!!!
CCOO UGT CIG
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
BOLETÍN INFORMATIVO
Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social
Acuerdo Laboral de ámbito Estatal para el sector de Hostelería (ALEH)
VII Convenio colectivo estatal para las empresas de Gestión y Mediación Inmobiliaria
Firmado el VIII Convenio de Gestión y Mediación Inmobiliaria