Archivado en Nota de prensa, Condiciones de trabajo, Union Intercom. Santiago Barbanza, Comercio Galicia
O sindicato puxo en coñecemento da Dirección da empresa e da autoridade laboral que hai xornadas de ata trece horas, cando o máximo legal son nove
CCOO denuncia «explotacion laboral» no Froiz de Noia
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia denuncia «explotación laboral» no supermercado Froiz de Noia, situado na rúa Galicia. O sindicato puxo en coñecemento da Dirección da empresa e da autoridade laboral que se realizan xornadas de ata trece horas, cando o máximo legal son nove.
CCOO tamén informou do incumprimento dos descansos legais e do tratamento «humillante e vexatorio», que provocan que moitas empregadas sufran cadros «severos» de ansiedade ou mesmo renunciasen ao seu posto de traballo.
A Federación de Servizos «non vai permitir que esta situación continúe» e anuncia concentracións fronte a este centro de traballo «as veces que sexan precisas» ata que a empresa remate con esta situación.
Convocatoria
Día: xoves, 8 de febreiro de 2018
Hora: 12 h
Lugar: diante do Froiz de Noia (rúa Galicia, n.º 26)
Asunto: Concentración contra a explotación laboral no supermercado Froiz de Noia
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
BOLETÍN INFORMATIVO
Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social
Acuerdo Laboral de ámbito Estatal para el sector de Hostelería (ALEH)
VII Convenio colectivo estatal para las empresas de Gestión y Mediación Inmobiliaria
Firmado el VIII Convenio de Gestión y Mediación Inmobiliaria