É por iso que CCOO quixo pór en valor o traballo do sindicato. "Os centros de traballo son o espazo onde se desenvolve a actividade sindical e é alí onde o sindicato vai levar o feminismo. Os dereitos fundamentais non se deixan nas portas das fábricas", di o manifesto.
DAS PALABRAS AOS FEITOS
"Pasamos das palabras aos feitos, porque os últimos reais decretos que negociamos permítennos situar os plans de Igualdade como ferramenta feminista que reverta os desequilibrios laborais, económicos e sociais entre homes e mulleres en miles de empresas deste país", di CCOO, que insta a que se cumpra o establecido nas normas e a que as empresas pequenas apliquen medidas e as grandes e as administracións públicas negocien e tamén apliquen os plans de igualdade.
CCOO cre que é o momento de levar o esforzo feminista do sindicato dos últimos anos ás relacións laborais, xa que a acción sindical organizada ao redor da centralidade do traballo promove a expansión dun sindicalismo feminista, universal e integrador que converta ao sindicato en ?un axente de igualdade, dinámico e socializador, onde as feministas de todo tipo conflúen?.
"Queremos recoñecer o traballo cotián feminista que delegadas e delegados realizan na súa actividade diaria, pero tamén usar o 8M para que nos centros de traballo debátase sobre as desigualdades e discriminacións existentes neses centros e dentro das súas empresas", di o sindicato.