Archivado en Negociacion Colectiva, Condiciones de trabajo, Comunicados convenio, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Vigo, Servizos Administrativos, Accion sindical
O 26 de xaneiro de 2024 mantivemos unha nova xuntanza donde a patronal presentou unha proposta de suba salarial dun 25% de actualización dos últimos 10 anos, acompañada da conxelación da antigüidade.
CCOO unha vez máis deixamos claro na mesa de negociación que non estamos dispostos/as a conxelar a antigüidade nin a aumentar o seu tope.
CCOO valoramos positivamente que por fin a patronal aporte unha proposta económica seria, sen embargo para CCOO a proposta da patronal ten que ser o punto de partida da negociación dos incrementos dos próximos anos. Como vimos defendendo dende o inicio da negociación, a primeira fase debía pasar por actualizar previamente o IPC dos últimos 10 anos, revisando todas aquelas categorías que estean por debaixo do SMI e a partir de aí negociar a suba salarial.
A próxima reunión será o día 7 de febreiro, donde deixaremos claro que dende CCOO valoramos a proposta da patronal como un punto de partida para negociar os incrementos dos vindeiros anos, pero sen tocar a antigüidade.
2024 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto