Archivado en Comunicado breve, Elecciones sindicales, Unión Comarcal A Coruña, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

O persoal do Decathlon Santiago aumenta o seu apoio a CCOO Servizos, malia os obstáculos impostos pola empresa


Eleccións Decathlon Santiago

Desde a sección sindical de CCOO do Decathlon Santiago queremos comunicar os resultados das eleccións sindicais recentemente celebradas no centro de traballo, así como destacar os obstáculos que a nosa candidatura tivo que afrontar durante o proceso electoral.
A pesar dos intentos da empresa por limitar a presenza de CCOO nestas eleccións mediante sancións e despedimentos de varios dos nosos candidatos e candidatas, os resultados obtidos mostran a confianza que as  persoas traballadoras seguen depositando na nosa labor sindical:


    • Técnicos: SGICD obtivo 1 delegado con 6 votos. CCOO non se presentou nesta categoría.
   • Especialistas: 2 delegados de CCOO con 32 votos e 2 delegados de SGICD con 22 votos, quedando CCOO a tan só tres votos da maioría.
Ademais, rexistráronse 1 voto nulo e 1 voto en branco.


É importante resaltar que, aínda que non conseguimos máis delegados que outras candidaturas, CCOO foi a forza sindical con máis votos totais no conxunto das eleccións. Este resultado evidencia o apoio da maioría dos traballadores e traballadoras do centro ao noso traballo e o noso compromiso coa defensa dos seus dereitos, a pesar das presións e dificultades impostas pola empresa.
Dende CCOO seguiremos traballando con firmeza para garantir a protección e mellora das condicións laborais de todas as persoas traballadoras no Decathlon Santiago, e agradecemos profundamente o apoio recibido.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,