A integración do Grupo Banco Popular a Banco de Santander debe representar a incorporación dun persoal moi preparado, que sabe e entende o negocio bancario. Grupo Banco Popular levou a cabo moi recentemente unha reestruturación do seu persoal e non require novos axustes de persoal.
Para a Federación de Servizos de CCOO en Galicia, especialmente afectada pola relevancia de Banco Pastor no noso territorio, a principal preocupación é a mesma que a dos traballadores e as traballadoras: a defensa do emprego e que a homoxeneización das condicións de traballo entre o persoal se faga de forma ordenada, progresiva e pactada. CCOO esiximos un Protocolo de Garantías de Emprego que renuncie á utilización de medidas traumáticas.
CCOO somos o sindicato maioritario no Sector Financeiro. A nosa experiencia acumulada, ao liderar diferentes procesos de integración, serviranos para levar a cabo unha negociación con alternativas razoables, tanto para o persoal como para o desenvolvemento eficaz da integración en Banco de Santander. Somos a garantía de que o proceso contará cos intereses dos traballadores e das traballadoras de ambas as Entidades.
Lucía Trenor
Secretaria Xeral Federación de Servizos CCOO Galicia