content_copy Noticias - Accion sindical

Da tranquilidade ao medo: CCOO Servizos denunciamos que Froiz volve deixar sen protección a tenda de Caranza

Ferrol, 24.04.2025 — O persoal da tenda Froiz situada na rúa Juan de Austria, no barrio de Caranza (Ferrol), quere facer pública a súa preocupación pola recente decisión da empresa de retirar o servizo de vixilancia privada, medida que fora adoptada logo dunha mobilización do cadro de persoal e da intervención dos delegados e delegadas da CCOO.

Durante as semanas en que estivo activo o servizo de vixilancia, constatouse unha mellora notable no ambiente de traballo. Grazas á súa presenza, desapareceron as ameazas directas aos traballadores e traballadoras, así como os roubos que viñan sufrindo desde hai tempo. Esta mellora xerou unha sensación de tranquilidade e seguridade tanto no persoal como na clientela.

Unha decisión incomprensible e perigosa

A retirada do servizo de vixilancia supón un retroceso grave, que xa comeza a traducirse nun novo aumento da tensión no establecemento. O medo a acudir ao traballo volve estar presente entre o cadro de persoal, que sente unha vez máis desprotexida ante situacións que poñen en risco a súa integridade física e psicolóxica.

Cómpre lembrar que a tenda de Caranza se atopa nun contexto social especialmente complexo, no que existen situacións de exclusión e vulnerabilidade que ás veces teñen impacto directo na dinámica do establecemento. Estes factores, que non se dan con igual intensidade noutras tendas da empresa, orixinan conflitos que fan necesario manter medidas de protección estables e adecuadas.
 

Demandas reiteradas

Desde a sección sindical de CCOO reiteramos as nosas demandas xa expostas na anterior mobilización:

  • Restablecemento inmediato do servizo de vixilancia privada na tenda de Caranza.
  • Formación específica ao persoal para afrontar situacións de risco de maneira segura e eficaz.
  • Creación e aplicación dun protocolo claro de actuación ante roubos, intimidacións e agresións.
     

Seguiremos mobilizándonos

Queremos deixar claro que non estamos a pedir privilexios, senón o cumprimento de dereitos laborais básicos: poder traballar nun ambiente seguro e digno. Se a empresa non rectifica esta decisión irresponsable, o persoal non descarta retomar e intensificar as medidas de presión, comezando por una xornada de folga  e concentración, xa convocada para o próximo venres, 25 de abril, e novas concentracións.

____________________________________

enlightenedActualización: A folga en Froiz Caranza deixa a tenda pechada grazas a un seguimento do 95%

A xornada de folga convocada polo persoal da tenda Froiz de Caranza rematou cun seguimento masivo por parte do cadro de persoal, alcanzando o 95%, o que imposibilitou a apertura do establecemento ao público durante todo o día.

Este éxito de participación demostra, unha vez máis, o fondo malestar existente entre as traballadoras e traballadores da tenda situada na rúa Juan de Austria, tras a decisión da empresa de retirar o servizo de vixilancia privada. Unha medida incomprensible que, tal como xa denunciamos, volveu xerar medo e inseguridade entre o persoal, despois dun período no que se conseguira recuperar un clima laboral tranquilo e protexido grazas á presenza dese servizo.

Desde a sección sindical de CCOO Servizos queremos agradecer e poñer en valor o compromiso e a unidade do cadro de persoal, que hoxe deixou claro que non está disposto a tolerar máis retrocesos nas súas condicións de traballo.

Folga FROIZFolga FROIZFolga FROIZFolga FROIZ

 

28 Abril - Seguridade e saúde no traballo
28 de abril de 2025: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

Previr e protexer a saúde das persoas traballadoras fronte aos novos retos dixitais e psicosociais

O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo é unha data moi importante para lembrar a todas aquelas persoas que perderon a saúde ou mesmo a vida por causa do traballo. Pero tamén é un día para reivindicar máis protección, máis prevención e máis compromiso social coa seguridade no emprego.
 

Accidentes de traballo: cifras que preocupan

En 2024 houbo 1.181.202 accidentes laborais en España. Máis da metade, 628.300, causaron baixas laborais. O máis grave é que 796 persoas faleceron no seu posto de traballo, 75 máis ca no ano 2023. Desde CCOO e UGT levamos tempo alertando deste aumento inaceptable.

Todas as persoas traballadoras temos dereito a volver á casa sás e salvas. O que pedimos non é nada imposible: só que se cumpra o noso dereito a un traballo seguro.
 

Plan de choque contra a sinistralidade laboral

Desde os sindicatos exiximos un cambio real e urxente, que inclúa:

  • A reforma e modernización da normativa.

  • A posta en marcha dun Plan de Choque contra a Sinistralidade Laboral.

  • Medidas eficaces que garantan a seguridade en todos os sectores.

Os accidentes de traballo non son simples estatísticas: son dramas persoais e familiares que demostran que as condicións laborais son inseguras e inxustas. Ler máis

convenios HOSTALARÍA
Denunciamos a falta de avances e criticamos o uso das axudas públicas como escusa

A patronal hostaleira bloquea a negociación dos convenios e culpa as axudas públicas da falta de persoal

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia acusamos á patronal da hostalaría de bloquear a negociación dos convenios colectivos e de desviar responsabilidades ao culpar as axudas públicas á contratación da suposta falta de persoal no sector.

Advertimos que non se atoparán traballadores e traballadoras mentres non se ofrezan salarios dignos, estabilidade laboral e condicións que permitan a conciliación da vida profesional e familiar.
 

“A raíz do problema está nas condicións laborais”

CCOO critica que as empresas eviten asumir responsabilidades e insistan en “botar balóns fóra” cando a verdadeira causa da escaseza de persoal reside nas precarias condicións laborais. “É difícil atraer profesionais se se pretende que agarden na casa por unha chamada para traballar só en momentos puntuais”, denuncian desde o sindicato.
 

A “cegueira empresarial” fronte á realidade do sector

A organización sindical considera unha auténtica “cegueira empresarial” culpar as axudas ás persoas desempregadas da falta de man de obra. Segundo CCOO, moitos profesionais abandonaron o sector hostaleiro buscando mellores oportunidades noutros ámbitos, ante a falta de condicións dignas.
 

Convenios colectivos bloqueados ás portas da campaña de verán

Con máis de 50.000 traballadores e traballadoras afectados en Galicia, os tres convenios colectivos da hostalaría seguen sen avances significativos, a pesar da proximidade da campaña de verán e da recente actividade durante a Semana Santa.
 

CCOO denunciamos que a actitude da patronal paraliza as mesas de negociación, malia as propostas sindicais que inclúen:

  • Incrementos salariais acordes co custo de vida e os beneficios empresariais

  • Xornadas laborais e descansos que permitan a conciliación

  • Recoñecemento da formación profesional en escolas de hostalaría
     

A patronal responde cun “non” rotundo ás propostas sindicais

A resposta da patronal ás medidas propostas por CCOO foi un claro “non”, o que o sindicato cualifica de postura retrógrada. “Temos problemas actuais que esixen solucións do século XXI, pero a patronal segue aplicando receitas do pasado”, conclúen desde CCOO, lembrando que o aumento constante dos beneficios empresariais non se reflicte nas condicións do persoal.

sentenza FROIZ antisindical
Segunda sentenza contra Froiz por prácticas antisindicais

A Xustiza volve condenar a Froiz Supermercados por sancionar sen motivo unha delegada de CCOO en Lugo

A cadea Froiz Supermercados foi condenada por segunda vez por sancionar sen xustificación a unha delegada sindical de Comisións Obreiras (CCOO). Esta nova resolución xudicial chega tras unha primeira sentenza do Xulgado do Social n.º 1 de Lugo, emitida en setembro, que xa recoñecera a vulneración de dereitos sindicais contra a presidenta do comité de empresa en Lugo, tamén delegada de CCOO.
 

Anulación da sanción e indemnización

A recente sentenza obriga á empresa a anular a sanción de catorce días sen emprego e soldo imposta á traballadora, reintegrarlle os salarios non percibidos durante ese tempo e indemnizala polos danos morais causados. A xustiza considera acreditado que houbo unha clara vulneración dos dereitos sindicais, tipificada como infracción grave.
 

Froiz actuou en represalia polas funcións sindicais

Segundo a sentenza, quedou probado que a sanción foi unha represalia polas tarefas sindicais desenvolvidas pola delegada no marco do conflito vinculado á negociación do convenio provincial de alimentación. A resolución tamén destaca que esta conduta de Froiz afecta a máis representantes sindicais, o que implica unha afectación colectiva e non só individual.
 

CCOO reclama o fin das prácticas antisindicais

Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia, esperamos que esta segunda sentenza leve á empresa a corrixir estas actuacións. Reclamamos que Froiz respecte o dereito á representación sindical e cesen os castigos ao persoal que exerce a defensa dos seus dereitos laborais.

Convenio Hostalaría Coruña
Segunda Reunión no Consello Galego de Relacións Laborais

Convenio de hostalaría de A Coruña: A patronal di NON a todo

Onte celebrouse a segunda reunión de negociación do Convenio da Hostalaría da Coruña 2025 no Consello Galego de Relacións Laborais.

Durante a sesión, presentouse a plataforma conxunta elaborada polos tres sindicatos da mesa negociadora. Porén, a resposta da patronal foi negativa, rexeitando todas as propostas e mantendo a súa postura habitual de inmobilismo.

enlightenedObxectivo: Mellorar Condicións Laborais e Salariais

Dende os sindicatos seguimos defendendo a necesidade de:
yes Subir os salarios na hostalaría da Coruña.
yes Mellorar as condicións de traballo no sector.
yes Facer da hostalaría un sector máis atractivo e sostible.

A pesar das diferenzas, avanzamos en varios puntos de carácter social, que se tratarán na próxima reunión o 28 de abril de 2025.

Seguiremos informando sobre os avances do convenio da hostalaría. Mantente ao día para coñecer todas as novidades!

turismo responsable

Sustentabilidade e traballo digno: o compromiso de CCOO co turismo

Participación de CCOO no Observatorio de Sustentabilidade Turística

A Federación de Servizos de CCOO Galicia participou o pasado 20 de marzo, en representación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, nas mesas de traballo do Observatorio de Sustentabilidade Turística de Galicia.

Este observatorio analizou variables sociais, económicas e ambientais do sector turístico para avaliar o impacto do turismo e propoñer estratexias de mellora.
 

Compromiso de CCOO cun turismo socialmente responsable

CCOO, como único sindicato asistente, participou nas mesas económicas, achegando a súa visión sobre o impacto do turismo na economía e no mercado laboral.

enlightened Obxectivos clave de CCOO:
-Desenvolver un turismo sustentable que respecte os dereitos laborais.
-Garantir políticas laborais dignas que favorezan a profesionalización do sector.
-Promover unha distribución equitativa da riqueza xerada polo turismo.

 

Proxecto Hoteis Laboralmente Responsables

Desde 2020, CCOO Servizos, en colaboración con outras organizacións sindicais e a Universidade de Málaga, impulsa o proxecto Hoteis Laboralmente Responsables.

Que é este proxecto?
É unha iniciativa para deseñar indicadores de certificación que garantan que os establecementos hostaleiros cumpren boas prácticas laborais. O obxectivo é fomentar hoteis xustos e comprometidos co benestar do persoal traballador.

 

CCOO segue traballando polo futuro do turismo en Galicia

CCOO Servizos mantén o seu compromiso coa mellora das condicións laborais no sector turístico e seguirá traballando por un modelo máis xusto, equitativo e sustentable.

yes Síguenos para máis novidades sobre o noso traballo en turismo e outros sectores!

Concentración Stradivarius Ourense

Abonda XA! O persoal de Stradivarius Ourense ten a mesma dignidade e dereitos que outras tendas do grupo Inditex

angry Non somos menos que outras tendas de Stradivarius! Esiximos os horarios 3-2-1 (3 tardes, 2 mañás e 1 día libre) para poder conciliar a nosa vida laboral e persoal.

  •  A situación económica do noso centro non é peor ca doutras tendas onde xa se aplican estes horarios. É só unha cuestión de vontade empresarial!
  • Inditex discrimínanos en Ourense. Négase a aplicar un modelo xusto e mantennos como traballadoras de segunda dentro do grupo.
  • NON O IMOS PERMITIR. Queremos os mesmos dereitos que as nosas compañeiras doutras provincias.

 

CONCENTRACIÓN

Xoves 3 de abril
12:00 h
Centro Comercial PonteVella

enlightenedAcode e fagámonos escoitar! Xuntas somos máis fortes.

Convenio colectivo Hostalaría Coruña

Negociación do Convenio de Hostalaría de A Coruña: Plataforma Conxunta

Desde CCOO consensuamos una plataforma conxunta con UGT e CIG para negociar o novo Convenio Colectivo de Hostalaría da Coruña. O obxectivo principal é mellorar as condicións laborais do sector, aproveitando o seu crecemento e os beneficios acadados.

Principais materias a tratar:

  • Ámbito funcional e vixencia do convenio.
  • Condicións salariais:
    • Incremento do 5% anual en todos os conceptos.
    • Creación de novos pluses para persoal con funcións adicionais, idiomas ou estudos de ciclo medio ou superior.
  • Xornada laboral:
    • Redución a 35 horas semanais (1685 horas anuais).
    • Descanso de 20 minutos dentro da xornada como tempo efectivo de traballo.
    • Dereito a un fin de semana libre ao mes.
    • Dous días de libranza semanais.
  • Licenzas e excedencias: Adaptación á lexislación vixente.
  • Plus de vestimenta: 15 euros/mes para limpeza e mantemento e 2 pares de calzado ao ano (ou 80 euros por calzado).
  • Saúde laboral:
    • Procedementos anuais de control de riscos psicosociais.
    • Protocolos de comunicación e suspensión por embarazo.
    • Adaptacións de xornada por garda legal e coidado de familiares.
    • Protocolos contra o acoso e a discriminación LGTBI.
  • Outras disposicións:
    • Festivos e día da patroa.
    • Contratación.
    • Enfermidade.
    • Xubilación.
    • Seguros.
    • Preaviso de cese.
    • Dereitos sindicais.
    • Roupa de traballo.
    • Desconexión dixital.
    • Igualdade.
    • Táboas salariais.

Este proceso de negociación busca recoñecer a profesionalización do sector e mellorar as condicións laborais dos traballadores e traballadoras da hostalaría na Coruña.

hostalaría

Chega a hora de dignificar o convenio de hostalaría de A Coruña: O persoal non rexeita traballar, rexeita a explotación

Onte, 6 de marzo de 2025, constituíuse a mesa negociadora do Convenio Colectivo de Hostalaría da Coruña, un paso clave para mellorar as condicións laborais do sector.

Na negociación participan as centrais sindicais CCOO, CIG e UGT, representando ás persoas traballadoras, e as principais organizacións patronais: Unión Hostaleira Compostela, Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña, Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Ferrol, Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña e a Asociación de Turismo e Hostalaría Compostela.
 

CCOO loita por condicións laborais dignas no sector da hostalaría

Desde CCOO Hostalaría A Coruña, traballaremos para que o novo convenio colectivo garanta melloras salariais, estabilidade laboral e condicións xustas para o persoal da hostalaría. O sector non pode seguir baseado en precariedade: salarios baixos, xornadas abusivas e falta de conciliación.

A patronal debe comprender que a falta de traballadores/as non se debe á falta de vontade, senón ás malas condicións laborais. A realidade é clara: o turismo e a hostalaría están en auxe tras a pandemia, con beneficios en constante crecemento. Agora é o momento de que este éxito se traduza en mellores condicións para as traballadoras e os traballadores.
 

A profesionalización da hostalaría, clave para o futuro do sector

Se queremos unha hostalaría galega profesional e atractiva, é imprescindible garantir salarios dignos, xornadas equilibradas e dereitos laborais respectados. O novo convenio é a oportunidade para transformar o sector e asegurar un futuro sostible para as persoas traballadoras e as empresas.

enlightened Síguenos para máis actualizacións sobre a negociación do Convenio de Hostalaría da Coruña. Comparte e fai que a túa voz se escoite!

Convenio Cruz Vermella

O comité da Cruz Vermella en Lugo esixe a aplicación das condicións salariais do Convenio Sectorial

O comité de empresa da Cruz Vermella en Lugo, formado polos sindicatos CCOO e UGT, reclama que se apliquen de inmediato os salarios mínimos establecidos no convenio colectivo do sector de acción e intervención social para todo o seu persoal.

A entidade ten un convenio propio a nivel provincial, pero desde a entrada en vigor do Real Decreto-lei 32/2021, a lei establece que os salarios e complementos salariais deben seguir o convenio sectorial estatal, autonómico ou de ámbito inferior, en lugar do convenio de empresa.

Que Significa Isto?

- O convenio sectorial regula os salarios mínimos que debe cobrar cada traballador segundo o seu posto.
- A Cruz Vermella en Lugo, segundo a lei, debe pagar polo menos esas cantidades mínimas.
- A empresa segue mantendo algunhas decisións propias, como a organización das vacacións, os horarios ou as quendas, as horas extraordinarias, o horario e a súa distribución, o traballo por quendas, a planificación das vacacións, a adaptación na empresa do sistema de clasificación e das modalidades de contratación, as medidas de conciliación e outras cuestións reguladas polos acordos ou convenios colectivos do artigo 83.2

 

Por que a Cruz Vermella en Lugo Debe Aplicar o Convenio Sectorial?

O comité de empresa afirma que a Cruz Vermella en Lugo non pode ignorar o convenio sectorial, porque:
- A organización forma parte da patronal que negociou ese convenio.
- Tivo representación directa na negociación das condicións laborais.
- Conta cun representante na comisión que interpreta e aplica o convenio.

 

O Que Fixo o Comité de Empresa

- CCOO presentou unha demanda colectiva nos xulgados de Lugo para que a Cruz Vermella pague os salarios mínimos establecidos no convenio.
- UGT sumouse á reclamación, reforzando a protesta.
- O pasado 18 de decembro celebrouse unha reunión de conciliación no SMAC, onde a Cruz Vermella negouse a aceptar as demandas. Como non houbo acordo, agora espérase unha data para o xuízo.

 

Como Afecta Isto ao Persoal da Cruz Vermella en Lugo?

- Actualmente, máis de 150 traballadores e traballadoras da provincia están prexudicados por esta situación.
- Ademais de non recibir o salario mínimo establecido no convenio, a empresa tamén está bloqueando a negociación doutras melloras laborais.

 

Conclusión

O comité de empresa denuncia que a negativa da Cruz Vermella en Lugo a cumprir co convenio sectorial e actualizar os salarios está xerando incerteza e prexuízos laborais para o seu persoal. CCOO Servizos Seguiremos loitando para que se respecte a lei e os dereitos dos traballadores.

content_copy Destacadas

Informe CCOO Servicios: Hostelera y turismo en Espaa. FITUR 2025

La hostelería y el turismo siguen generando grandes beneficios que no revierten en un empleo sectorial que es inestable, poco profesional y mal pagado

  • El turismo y la hostelería continúan siendo pilares fundamentales de la economía española. En 2024, el país alcanzó un récord histórico con más de 109 millones de turistas, un crecimiento del 5,5 % respecto al año anterior. Sin embargo, este notable éxito económico viene acompañado de retos significativos que afectan directamente a las condiciones laborales de quienes trabajan en el sector.

CCOO edita una guía para no perderse a la hora de implementar medidas planificadas en las empresas

Guía para no perderse en el Real Decreto 1026/2024 por el que se desarrolla el conjunto planificado de las medidas para la igualdad y no discriminación de las personas LGTBI en las empresas, editada por la Secretaría Confederal de Mujeres, Igualdad y Condiciones de Trabajo de CCOO.

CCOO presenta una campaña para denunciar el modelo laboral insostenible del sector financiero

Bajo el lema “El Valor de las Personas. Por un Modelo Laboral Sostenible” CCOO ha presentado una campaña para denunciar el clima laboral que viven las plantillas del sector financiero.


chemasilvia

Un modelo turístico más sostenible y que garantice derechos, es imprescindible

Desde CCOO Servicios queremos reclamar un año más la necesidad imperiosa de garantizar condiciones dignas de trabajo en el sector y queremos llamar la atención especialmente sobre los discursos de algunos hosteleros y sus representantes, acerca de la falta de personas trabajadores en el sector, alguna de ellas lamentables, pero que demuestran la realidad en el anquilosado pensamiento de una parte del empresariado hostelero.

personas que intervienen en la rueda de prensa

El sindicato presenta el documento "Horarios Comerciales y Tiempo de Trabajo. Propuestas de CCOO"

CCOO apuesta por una regulación homogénea sobre horarios comerciales, y por fijar la voluntariedad y compensación del trabajo en Domingos y festivos en todos los convenios

CCOO informa sobre la modificación de la Ley Orgánica de salud sexual y reproductiva y de interrupción voluntaria del embarazo

CCOO resume en un comunicado información sobre la ENTRADA EN VIGOR NUEVAS BAJAS a partir de la Ley Orgánica 1/2023, de 28 de febrero, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de salud sexual y reproductiva y de la interrupción voluntaria del embarazo, en su Disposición final tercera establece la modificación del texto refundido de la Ley General de la Seguridad Social, aprobado por el Real Decreto Legislativo 8/2015, de 30 de octubre.

CCOO Servicios lanza una campaña frente a la "Black Reality" del Comercio en Navidad

El sindicato ha presentado en rueda de prensa una campaña para denunciar la realidad  que viven las plantillas del sector comercial en este periodo de máxima actividad, al tiempo que exigiendo el desbloqueo de los convenios sectoriales sobre la base de incrementos salariales justos y equitativos. La rueda de prensa ha servido también para analizar los resultados de las elecciones en Grandes Almacenes, donde CCOO ha pasado a convertirse en la segunda fuerza, así como el acuerdo alcanzado en Grupo Inditex.


Ahora S Ganamos Derechos CCOO

Las personas fijas discontinuas por fin podrán acceder al subsidio para mayores de 52 años

Gracias a las constantes reivindicaciones de CCOO, a las mejoras en derechos incorporadas en la reciente reforma laboral para las personas con contrato fijo discontinuo, debemos sumar ahora un avance importante en protección por desempleo. 

Teletrabajo UNI Global UNION

UNI GLOBAL: Principios fundamentales para garantizar los derechos en el trabajo a distancia

UNI Global Union, con el apoyo de UNI Finanzas, UNI ICTS y UNI P&M, ha publicado lo que considera son principios fundamen­tales para apoyar a sus afiliadas en la negociación de cuestiones relacionadas con el trabajo a distancia, tanto durante la pandemia de Covid como después de esta.

Real decreto teletrabajo. Dudas y preguntas

Real Decreto-Ley Trabajo a Distancia. Preguntas y dudas frecuentes

Hemos desarrollado una campaña con el objetivo de explicar el principal contenido del Real Decreto-Ley de Trabajo a Distancia, aprobado recientemente por el Gobierno. 

Tren de alta velocidad

El Tribunal Supremo afirma que los permisos retribuidos se conceden para su disfrute en días laborables

La sentencia 257/2020 de la Sala de lo Social del Tribunal Suprema ha resuelto a favor de CCOO Servicios y FeSMC-UGT, sosteniendo que si el hecho causante de un permiso retribuido tiene lugar en un día no laborable, el día en el que se inicia dicho permiso es primer día laborable tras el hecho causante.  


content_copy Más información

Calendario Laboral

Calendario Laboral 2025

Días festivos estatales y por comunidad 2025

Utilidades Herramientas simuladores y calculadoras

Simuladores y utilidades

Simuladores y calculadoras, laboral y social
Fotografías Sindicales

Fotos Servicios CCOO

Canal de Servicios CCOO en Flickr
Vídeos de Servicios CCOO

Vídeos Servicios CCOO

Canal de Youtube de Servicios CCOO
Falacias y mentiras sobre los sindicatos

Falacias y mentiras

Falacias, mentiras y verdades sobre los sindicatos
Histórico de Artículos

Histórico

Histórico de artículos de Servicios CCOO
logo CCOO

Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios y Empresas

miembro de UITA
logo global union

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es