content_copy Noticias - Convocatorias

Da tranquilidade ao medo: CCOO Servizos denunciamos que Froiz volve deixar sen protección a tenda de Caranza

Ferrol, 24.04.2025 — O persoal da tenda Froiz situada na rúa Juan de Austria, no barrio de Caranza (Ferrol), quere facer pública a súa preocupación pola recente decisión da empresa de retirar o servizo de vixilancia privada, medida que fora adoptada logo dunha mobilización do cadro de persoal e da intervención dos delegados e delegadas da CCOO.

Durante as semanas en que estivo activo o servizo de vixilancia, constatouse unha mellora notable no ambiente de traballo. Grazas á súa presenza, desapareceron as ameazas directas aos traballadores e traballadoras, así como os roubos que viñan sufrindo desde hai tempo. Esta mellora xerou unha sensación de tranquilidade e seguridade tanto no persoal como na clientela.

Unha decisión incomprensible e perigosa

A retirada do servizo de vixilancia supón un retroceso grave, que xa comeza a traducirse nun novo aumento da tensión no establecemento. O medo a acudir ao traballo volve estar presente entre o cadro de persoal, que sente unha vez máis desprotexida ante situacións que poñen en risco a súa integridade física e psicolóxica.

Cómpre lembrar que a tenda de Caranza se atopa nun contexto social especialmente complexo, no que existen situacións de exclusión e vulnerabilidade que ás veces teñen impacto directo na dinámica do establecemento. Estes factores, que non se dan con igual intensidade noutras tendas da empresa, orixinan conflitos que fan necesario manter medidas de protección estables e adecuadas.
 

Demandas reiteradas

Desde a sección sindical de CCOO reiteramos as nosas demandas xa expostas na anterior mobilización:

  • Restablecemento inmediato do servizo de vixilancia privada na tenda de Caranza.
  • Formación específica ao persoal para afrontar situacións de risco de maneira segura e eficaz.
  • Creación e aplicación dun protocolo claro de actuación ante roubos, intimidacións e agresións.
     

Seguiremos mobilizándonos

Queremos deixar claro que non estamos a pedir privilexios, senón o cumprimento de dereitos laborais básicos: poder traballar nun ambiente seguro e digno. Se a empresa non rectifica esta decisión irresponsable, o persoal non descarta retomar e intensificar as medidas de presión, comezando por una xornada de folga  e concentración, xa convocada para o próximo venres, 25 de abril, e novas concentracións.

28 Abril - Seguridade e saúde no traballo
28 de abril de 2025: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

Previr e protexer a saúde das persoas traballadoras fronte aos novos retos dixitais e psicosociais

O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo é unha data moi importante para lembrar a todas aquelas persoas que perderon a saúde ou mesmo a vida por causa do traballo. Pero tamén é un día para reivindicar máis protección, máis prevención e máis compromiso social coa seguridade no emprego.
 

Accidentes de traballo: cifras que preocupan

En 2024 houbo 1.181.202 accidentes laborais en España. Máis da metade, 628.300, causaron baixas laborais. O máis grave é que 796 persoas faleceron no seu posto de traballo, 75 máis ca no ano 2023. Desde CCOO e UGT levamos tempo alertando deste aumento inaceptable.

Todas as persoas traballadoras temos dereito a volver á casa sás e salvas. O que pedimos non é nada imposible: só que se cumpra o noso dereito a un traballo seguro.
 

Plan de choque contra a sinistralidade laboral

Desde os sindicatos exiximos un cambio real e urxente, que inclúa:

  • A reforma e modernización da normativa.

  • A posta en marcha dun Plan de Choque contra a Sinistralidade Laboral.

  • Medidas eficaces que garantan a seguridade en todos os sectores.

Os accidentes de traballo non son simples estatísticas: son dramas persoais e familiares que demostran que as condicións laborais son inseguras e inxustas. Ler máis

Po unha sanidade pública
Saímos á rúa por unha sanidade pública galega digna

CCOO Servizos participamos na manifestación do 6 de abril en defensa da sanidade pública

Este domingo, 6 de abril, desde CCOO Servizos participamos activamente na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela. A mobilización arrincou ás 12:00 horas desde a Alameda baixo o lema:
«Máis atención primaria, máis atención hospitalaria, máis sanidade pública».

Sumámonos a esta loita porque cremos nun sistema sanitario público, universal e de calidade para todas as persoas.
 

Defendemos unha sanidade pública baseada en tres eixos fundamentais

Como parte da plataforma SOS Sanidade Pública, compartimos e facemos propias estas tres grandes reivindicacións:

enlightened1. Queremos máis atención primaria

Reclamamos unha atención primaria forte e accesible, con medidas como:

  • Dotación suficiente de persoal nos centros de saúde e PAC.

  • Atención médica no prazo de 24 a 48 horas.

  • Posibilidade de consultas presenciais cando así o solicitemos.

  • Centros sanitarios ben equipados e funcionais.

  • Un modelo centrado na promoción da saúde, prevención, traballo comunitario e participación social.

enlightened2. Apostamos por máis atención hospitalaria

É urxente mellorar a atención hospitalaria pública mediante:

  • Uso completo dos hospitais en quendas de mañá e tarde.

  • Reversión dos recortes nos hospitais comarcais.

  • Fin dos concertos coa sanidade privada.

  • Recuperación dos centros privatizados para o sistema público.

  • Plans efectivos para reducir as listas de espera.

  • Mellores condicións laborais para o persoal sanitario.

  • Dedicación exclusiva do persoal médico á sanidade pública.

enlightened3. Reivindicamos máis investimento en sanidade pública

Esiximos ás administracións un compromiso real coa sanidade pública:

  • Aumento do orzamento público destinado á saúde.

  • Elaboración dun plan galego de saúde adaptado ás necesidades reais da poboación.

  • Recuperación de servizos privatizados ou pechados.

  • Reforzo do sistema para responder ante crises sanitarias e epidemias.
     

Porque a saúde é un dereito, non un negocio

Desde CCOO Servizos facemos un chamamento á cidadanía galega a mobilizarse connosco. Non podemos permitir que a nosa saúde dependa de intereses privados.

"A saúde é un dereito fundamental, non un negocio"

Seguiremos loitando, nas rúas e nos centros de traballo, por unha sanidade pública digna e de calidade para todas e todos.

Manifestación Vivenda

CCOO Servizos sumámonos ás mobilizacións do 5 de abril polo dereito a unha vivenda digna e asequible

Mobilizacións en Galicia polo dereito á vivenda

CCOO Servizos participamos nas mobilizacións do sábado 5 de abril en defensa do dereito a unha vivenda digna e asequible. As protestas, convocadas baixo o lema «Acabemos co negocio da vivenda», tiveron lugar en A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.

Un acceso á vivenda cada vez máis difícil nas cidades galegas

Comisións Obreiras alertamos de que as cidades galegas están cada vez máis tensionadas, dificultando o acceso a unha vivenda en condicións xustas para a maioría da poboación. Por iso, fixemos un chamamento á participación masiva nestas mobilizacións, reivindicando unha vivenda como un dereito básico e non un luxo.

A vivenda, o quinto piar do Estado do benestar

Para CCOO Servizos, a vivenda é o chamado quinto piar do Estado do benestar, que se atopa ameazado polas prácticas especuladoras e pola inacción dos poderes públicos.

Máis de medio millón de vivendas baleiras en Galicia

En Galicia existen máis de 500.000 vivendas baleiras, unha cifra que permitiría duplicar a oferta habitacional actual se fosen mobilizadas adecuadamente.

O impacto das vivendas turísticas

Outro dos factores que contribúen á escaseza de vivenda é o aumento das vivendas turísticas, que xa superan as 20.000 unidades. Este fenómeno ten especial impacto nas localidades con menor oferta de alugueiro residencial.

Falta de acción política e crítica á Xunta de Galicia

CCOO lembramos que leva anos presentando propostas en materia de vivenda, sen obter resposta efectiva das administracións. Critica especialmente á Xunta de Galicia, que se nega a aplicar a lexislación estatal e entorpece as declaracións de zonas tensionadas, fundamentais para regular o mercado inmobiliario.

Das propostas ás protestas: chamamento á clase traballadora

Ante esta situación, CCOO concluímos que chegou o momento de pasar das propostas ás protestas, animamos á clase traballadora e ao conxunto da cidadanía galega a participar nas mobilizacións para defender unha vivenda digna, asequible e accesible para todas as persoas.

JGA Banco Santander

CCOO participamos en la Junta General de Accionistas de Banco Santander

Hoy tiene lugar la Junta General de accionistas de Banco Santander, donde las personas accionistas acordarán si se aprueba la gestión social y las cuentas del ejercicio anterior y cómo se distribuyen los resultados.

CCOO, con más de medio millón de acciones delegadas, participaremos en esta JGA para mostrar el rechazo de la plantilla a la gestión de la empresa y a la forma de distribuir los extraordinarios resultados. Y es que, cuanto mayores son los beneficios, peor es la situación que vivimos los y las trabajadoras.

CCOO decimos no a la gestión de la empresa:

  • Tras someter a la plantilla, un año más, a presiones totalmente insostenibles.
  • Por propiciar unos incentivos inalcanzables y con continuos cambios durante el periodo de consecución.
  • Por esquilmar la red de oficinas, cada vez con menos plantilla, pese a tener más carga operativa, formativa y clientela.
  • Por un sistema de retribución poco atractivo que propicia la pérdida de talento en la empresa.

CCOO decimos no a la forma de distribuir los resultados:

  • Con personal de acta dirección que percibe el equivalente a 161 veces el salario medio de una persona trabajadora de la entidad
  • Aprobando, un año más, incrementos salariales totalmente injustificados para la Alta Dirección.
  • Por reducir la retribución a la plantilla obstaculizando la carrera profesional, absorbiendo los complementos personales, reduciendo complementos de puesto de trabajo y obstruyendo el cobro de incentivos.

No te pierdas nuestra intervención, donde vamos a decirle a la Presidenta, al Consejero Delegado y al accionariado de Banco Santander, que CCOO continuaremos trabajando por y para la plantilla de esta entidad, para que esta empresa sea, realmente, la mejor empresa para trabajar.

RESULTADO DE LAS ELECCIONES SINDICALES DEL RACE EN CÓRDOBA

La pasada semana se realizaron en Córdoba las elecciones a representantes de los trabajadores para los próximos 4 años y este es el resultado obtenido por cada una de las candidaturas de los sindicatos presentados:

Concentración Stradivarius Ourense

Abonda XA! O persoal de Stradivarius Ourense ten a mesma dignidade e dereitos que outras tendas do grupo Inditex

angry Non somos menos que outras tendas de Stradivarius! Esiximos os horarios 3-2-1 (3 tardes, 2 mañás e 1 día libre) para poder conciliar a nosa vida laboral e persoal.

  •  A situación económica do noso centro non é peor ca doutras tendas onde xa se aplican estes horarios. É só unha cuestión de vontade empresarial!
  • Inditex discrimínanos en Ourense. Négase a aplicar un modelo xusto e mantennos como traballadoras de segunda dentro do grupo.
  • NON O IMOS PERMITIR. Queremos os mesmos dereitos que as nosas compañeiras doutras provincias.

 

CONCENTRACIÓN

Xoves 3 de abril
12:00 h
Centro Comercial PonteVella

enlightenedAcode e fagámonos escoitar! Xuntas somos máis fortes.

¿Necesitas orientación para prepararte ante un proceso de selección?

El Taller de Herramientas de Búsqueda de Empleo que te ofrece CCOO te asesora en los pasos a seguir ante un proceso de selección.

8M - LA FUERZA TRANSFORMADORA DEL FEMINISMO SINDICAL

Desde CCOO queremos lanzar un mensaje lleno de energía: El feminismo sindical ha sido y sigue siendo una fuerza vital en la lucha por la igualdad de género y la justicia social. Nos inspira ver cómo se reconoce y se honra el legado de las mujeres que han luchado antes y cómo se continúa esa lucha hoy en día.

imagen vitrina con exposición de productos para su venta

¿Quieres saber cómo mejorar la presentación de los productos en el punto de venta?

En CCOO Servicios te ofrecemos el curso de Animación y presentación del producto en el punto de venta que te ayudará a aplicar los procedimientos de organización e implantación en el punto de venta físico en función de unos criterios comerciales previamente definidos.

content_copy Destacadas

Informe CCOO Servicios: Hostelera y turismo en Espaa. FITUR 2025

La hostelería y el turismo siguen generando grandes beneficios que no revierten en un empleo sectorial que es inestable, poco profesional y mal pagado

  • El turismo y la hostelería continúan siendo pilares fundamentales de la economía española. En 2024, el país alcanzó un récord histórico con más de 109 millones de turistas, un crecimiento del 5,5 % respecto al año anterior. Sin embargo, este notable éxito económico viene acompañado de retos significativos que afectan directamente a las condiciones laborales de quienes trabajan en el sector.

CCOO edita una guía para no perderse a la hora de implementar medidas planificadas en las empresas

Guía para no perderse en el Real Decreto 1026/2024 por el que se desarrolla el conjunto planificado de las medidas para la igualdad y no discriminación de las personas LGTBI en las empresas, editada por la Secretaría Confederal de Mujeres, Igualdad y Condiciones de Trabajo de CCOO.


CCOO presenta una campaña para denunciar el modelo laboral insostenible del sector financiero

Bajo el lema “El Valor de las Personas. Por un Modelo Laboral Sostenible” CCOO ha presentado una campaña para denunciar el clima laboral que viven las plantillas del sector financiero.

chemasilvia

Un modelo turístico más sostenible y que garantice derechos, es imprescindible

Desde CCOO Servicios queremos reclamar un año más la necesidad imperiosa de garantizar condiciones dignas de trabajo en el sector y queremos llamar la atención especialmente sobre los discursos de algunos hosteleros y sus representantes, acerca de la falta de personas trabajadores en el sector, alguna de ellas lamentables, pero que demuestran la realidad en el anquilosado pensamiento de una parte del empresariado hostelero.

personas que intervienen en la rueda de prensa

El sindicato presenta el documento "Horarios Comerciales y Tiempo de Trabajo. Propuestas de CCOO"

CCOO apuesta por una regulación homogénea sobre horarios comerciales, y por fijar la voluntariedad y compensación del trabajo en Domingos y festivos en todos los convenios


CCOO informa sobre la modificación de la Ley Orgánica de salud sexual y reproductiva y de interrupción voluntaria del embarazo

CCOO resume en un comunicado información sobre la ENTRADA EN VIGOR NUEVAS BAJAS a partir de la Ley Orgánica 1/2023, de 28 de febrero, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de salud sexual y reproductiva y de la interrupción voluntaria del embarazo, en su Disposición final tercera establece la modificación del texto refundido de la Ley General de la Seguridad Social, aprobado por el Real Decreto Legislativo 8/2015, de 30 de octubre.

CCOO Servicios lanza una campaña frente a la "Black Reality" del Comercio en Navidad

El sindicato ha presentado en rueda de prensa una campaña para denunciar la realidad  que viven las plantillas del sector comercial en este periodo de máxima actividad, al tiempo que exigiendo el desbloqueo de los convenios sectoriales sobre la base de incrementos salariales justos y equitativos. La rueda de prensa ha servido también para analizar los resultados de las elecciones en Grandes Almacenes, donde CCOO ha pasado a convertirse en la segunda fuerza, así como el acuerdo alcanzado en Grupo Inditex.

Ahora S Ganamos Derechos CCOO

Las personas fijas discontinuas por fin podrán acceder al subsidio para mayores de 52 años

Gracias a las constantes reivindicaciones de CCOO, a las mejoras en derechos incorporadas en la reciente reforma laboral para las personas con contrato fijo discontinuo, debemos sumar ahora un avance importante en protección por desempleo. 


content_copy Más información

Vacacións estatais e por comunidade

Calendario de Traballo 2021

Vacacións estatais e por comunidade

Simuladores e utilidades

Simuladores e utilidades

Simuladores e calculadoras laborais e sociais

videos Servizos CCOO

Vídeos Servizos CCOO

Youtube de Servizos CCOO

fotos Servizos CCOO

Fotos Servizos CCOO

Páxina de Servizos CCOO en Flickr

Falacias e mentiras sobre os sindicatos

Falacias e mentiras

Falacias, mentiras e verdades sobre os sindicatos

Historico de artigos

Histórico

Histórico de Artigos Servizos CCOO

 

Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios e Empresas


 
miembro de UITA

Infórmate

CCOO Servizos é un sindicato, é Comisións Obreiras nos sectores de Comercio, Financeiro, administrativo, das TIC, Hostalería, Telemarketing, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Onde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es